Na Coruña Contas

Volver

Pasos peóns 3D

anxo_gz anxo_gz  •  20/09/2022  •  Toda a cidade  • 

Paso_Peóns_3D.jpg
Paso_Peóns_3D.jpg

Código proposta de investimento: 4008

En canto de facer pasos sobreelevados ou badéns con bandas de goma, proporía investir nunha nova solución que xa se adopta en varios lugares, moito máis barata e efectiva que é o pintado dos pasos de peóns en 3D. Visualmente parece como se houbese uns bloques de formigón, e fai que os conductores reduzan a velocidade. Máis efectivo e máis barato.

Localización: Toda a cidade

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 90 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos