Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Toda a cidade

Propostas de investimento non viables: Toda a cidade

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.
Localización da zona da inversión

CREACIÓN DUN COMPLEXO POLIDEPORTIVO NA CONTORNA DA FÁBRICA DE ARMAS

13/09/2022  •  Álvaro_AVOsnososlares_Palavea  •  Toda a cidade

Proposta de inversión na creación dun complexo polideportivo na área da fábrica de Armas nun espacio que xa ten usos deportivos. Esta poderá ser un importante equipamento para toda a contorna (Pedralonga, Eirís, Palavea, Santa Xema, etc.). A inversión terá que ter en conta esta cuestión e ofertar unha amplio servicio de instalacións e servizos (piscinas, saunas, salas de actividade, ximnasio, etc.).

Bicis no Parrote

Melloras no servizo de Bicicoruña

22/09/2022  •  Gabriel  •  Toda a cidade

O recentemente inaugurado servizo de Bicicoruña mellorou nesta reforma bastante pero aínda así hai pequenos detalles que creo que poderían mellorar dito servizo:

  • Instalación de marquesinas para protexer as bicis da choiva nas paradas onde máis adecuado sexa.
  • Instalación de placas solares mediante postes nas bases ou nas marquesinas, xa que cidades coma Donostia que conta co servizo do mesmo fabricante e este o oferta.Ademáis en Donostia hai unha media anual de 1.800h anuais de sol frente as 2.500h na nosa cidade, polo que seguramente aínda nos sexa máis útil.
  • Ademáis diso serían necesarias áreas de intercambio entre os distintos servizos poñendo bases nas fronteiras. Estas zonas poderían ser:
  1. Zona da glorieta de Nostián dando servizo a Meicende, ondte se vai instalar unha base arteixá.
  2. Zona de Bens e Suevos, nun futuro cando se amplíe o carril metropolitano.
  3. Na urbanizacións fronteirizas da Zapateira.
  4. Se se realiza algunha vez o acceso á vía verde compostelá nas vías mortas de Vío, tamén sería un punto clave.
  5. Na zona de Palavea e do Portazgo.
Contadores de persoas usuarias do carril-bici

Contadores de persoas usuarias do carril-bici

24/09/2022  •  Mobi-Liza  •  Toda a cidade

Unha forma de fomentar o uso da bicicleta e dos VMP é mediante a colocación de contadores de persoas usuarias usuarias do carril-bici. Estes serven non só para axudar na planificación das políticas municipais en materia de mobilidade sostible, senón tamén para incentivar á cidadanía a usar en maior medida estes medios de transporte polo feito de poder observar o número de persoas que usan estas infraestruturas. Ademais, dende Mobi-liza entendemos que é imprescindible contar con datos fiables sobre o uso da bicicleta e do VMP para poder mellorar as infraestruturas destinada a estes vehículos, xa que "se non podes medilo, non podes melloralo". É por iso que propoñemos a colocación de dous contadores de persoas usuarias do carril-bici nas seguintes ubicacións: Cantóns-Obelisco e Paseo Marítimo-Aquarium.

Estatua

Colocación da réplica de bronce da Estatua de Emilia Pardo Bazán en Tabacos

15/09/2022  •  A. Martínez  •  Toda a cidade

Agora que a estatua orixinal voltou ó seu lugar de orixe, proponse a colocación da réplica retirada na contorna do edificio de Tabacos, ó ser este edificio o escenario dun dos seus principais vínculos literarios coa cidade.

 

 

Axuda á emancipación

CREACIÓN DE PISOS DE EMANCIPACIÓN PARA PERSOAS XÓVENES EN RISCO DE EXCLUSIÓN

26/09/2022  •  arnoldmdiaz19_  •  Toda a cidade

Crear vivendas públicas municipais para persoas entre 18 e 25 anos, que non teñen a posibilidade de ter apoios familiares ou acceso a outros tipos de axudas, polo que teñen dificultades á hora de poder emanciparse e crear os propios proxectos vitais. Pisos aos que puidese optar a mocidade en risco de exclusión social con apoios de tutelaxe. 

Zonas estancia cambios carril bici

15/09/2022  •  SergioMP  •  Toda a cidade

Cuando uno va circulando por el carril bici y quiere cruzar por las zonas habilitadas, tiene que esperar en el medio del propio carril bici. Molestando a posibles usuarios del mismo carril o bien teniendo que invadir la acera, con las molestias que puede causar. Establecer zonas donde se permita esperar a realizar el cambio de sentido.

Torre de hércules nocturna

Visitas nocturnas á Torre de Hércules permanentes

22/09/2022  •  bfrr  •  Toda a cidade

Durante o verán a Torre de Hércules ofreceu visitas nocturnas de forma puntual nos meses de xullo e agosto. Estas visitas tiñan un aforo moi limitado sendo moi complicado conseguir acceder a elas. Sería convinte que estas visitas estivesen dispoñibles durante todo o ano para que a xente poida coñecer os segredos do noso monumento máis recoñecible durante todo o ano.

Fomentar e instalar placas solares

13/09/2022  •  MARIA  •  Toda a cidade

 Instalar placas solares para iluminación  pasos de cebra, semáforos, farolas,edificios oficiales 

 

 

desague-con-el-agua-de-lluvia-que-fluye-m47re7.jpg

Soterramiento de las aguas pluviales de los edificios que no tengan.

20/09/2022  •  quinpio  •  Toda a cidade

Las instalaciones para la evacuación de aguas son una parte importante de un edificio. En A Coruña hay cientos de edificios en todos los barrios, incluso en el centro historio (rua real, plaza María Pita, San Agustín...), donde los edificios carecen del soterramiento de las aguas pluviales. Esta situación no solo daña la imagen de la ciudad cuando llueve, dejando regueros de agua en todos los edificios, sino que esos mismos regueros crean y favorecen la aparición de líquenes que dificultan el paso de peatones y pueden provocar caídas, con posibles denuncias de los perjudicados al ayuntamiento y/o comunidades de vecinos. También pueden causar molestias, humedades, ruidos y malos olores. La intención es que el ayuntamiento, fomente, incentive, financie y ayude a las comunidades que no tengan soterradas las tuberías verticales de los edificios que recogen las aguas residuales provenientes de las derivaciones y las conducen hacia los colectores. También recoger las aguas pluviales provenientes de los desagües de los canalones y de las terrazas, patios o cubiertas planas.

1664008816175.jpg

Aparcadoiros bici/vmp efímeros

24/09/2022  •  Mobi-Liza  •  Toda a cidade

Compra de varios aparcabicis mobiles, para o seu uso puntual en diversos eventos: como por exemplo partidos de fútbol, concertos, actividades dirixidas, sesión de fogos artificiais, San Andrés peonil... Deste xeito, incentivamos que xs veciñxs deixen o coche particular e se desplacen en bici/vmp.