Na Coruña Contas

Volver

Contadores de persoas usuarias do carril-bici

Mobi-Liza Mobi-Liza  •  24/09/2022  •  Toda a cidade  • 

Contadores de persoas usuarias do carril-bici
Contadores de persoas usuarias do carril-bici

Código proposta de investimento: 4092

Unha forma de fomentar o uso da bicicleta e dos VMP é mediante a colocación de contadores de persoas usuarias usuarias do carril-bici. Estes serven non só para axudar na planificación das políticas municipais en materia de mobilidade sostible, senón tamén para incentivar á cidadanía a usar en maior medida estes medios de transporte polo feito de poder observar o número de persoas que usan estas infraestruturas. Ademais, dende Mobi-liza entendemos que é imprescindible contar con datos fiables sobre o uso da bicicleta e do VMP para poder mellorar as infraestruturas destinada a estes vehículos, xa que "se non podes medilo, non podes melloralo". É por iso que propoñemos a colocación de dous contadores de persoas usuarias do carril-bici nas seguintes ubicacións: Cantóns-Obelisco e Paseo Marítimo-Aquarium.

Proposta en nome de: Mobi-liza

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 90 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos