Na Coruña Contas

Volver

Un patio urbano verde, humanizado e sostible para o CEIP Ramón de la Sagra.

Fran-Mourelo Fran-Mourelo  •  22/09/2022  •  Distrito 7  • 

infografía_patio_proxectado.jpg
infografía_patio_proxectado.jpg

Código proposta de investimento: 4042

É o momento de transformar os patios dos colexios. Precisamos menos asfalto e máis verde. Unicef acaba de publicar un estudo que proba a necesidade de espazos verdes para mellorar a saúde da infancia. Aconsella que os patios dos colexios se convertan en pequenos xardíns, algo que xa se está levando a cabo, aínda que moi lentamente. Tamén defende, con aportes científicos sólidos, a necesidade dunha maior conexión coa natureza no entorno urbano que repercute na diminución dos problemas sociais e de convivencia, no aumento da saúde mental, do rendemento escolar e da equidade educativa. O noso patio é gris, duro e exposto ás inclemencias do tempo (é unha superficie de pavimento en moi mal estado sen sombra ou zona cuberta algunha). Nun enclave pioneiro en canto a espazos verdes, a comunidade educativa do CEIP Ramón de la Sagra quere naturalizar e humanizar o seu patio escolar. Esta proposta ven precedida por tres anos de formación pedagóxica do noso claustro na transformación de espazos educativos e na dinamización destes; tamén, do debate, da reflexión e do traballo do alumando e das familias.

https://www.unicef.org/media/102391/file/Necessity%20of%20Urban%20Green%20Space%20for%20Children%E2%80%99s%20Optimal%20Development.pdf

Localización: CEIP RAMÓN DE LA SAGRA

Proposta en nome de: CEIP RAMÓN DE LA SAGRA

Informe de custo

o patio do colexio ten unha superficie total de aproximadamente 4.600 m2, cos limítes de investimento fixados nos criterios de avaliación non seria posible a adecuación de toda a superficie pero poderíase actuar en 2.083 m2 o que supón aproximadamente o 45% do mesmo.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • marqrego

    A desnaturalización dos patios é un maltrato á infancia e contribúe a deshumanización dos barrios. Este proxecto supón reformar e humanizar un espazo que inclúe zonas verdes e novos espazos, contribuindo á mellora ambiental do barrio e unha reforma precisa para os nenos e nenas do colexio e marcaría o camiño a seguir e a aplicar polo resto dos centros educativos.

    Sen respostas
  • Birloqueiro1991

    Esta propuesta no procede. Otra propuesta más que solo mejora a unos pocos, no se dudan de las necesidades reales de los colegios/institutos pero no procede que unas ANPAs monopolicen unos presupuestos de un barrio. ¿Las mejoras de los colegios no tendrían que cubrirlas el ministerior de educación o el propio colegio? En fin...

      • marqrego

        Comparto en parte a súa opinión: as melloras nas infraestructuras dos colexios ten que asumilas a administración que ten a competencia, neste caso: a Xunta de Galicia a través da Consellería de Educación. Agora ben, nos entornos urbanos é competencia dos concellos xerar entornos de convivencia e colaborar para dar resposta á petición de dignificación do entorno dentro dun barrio, e os colexios son parte importante dentro dun barrio xa que son lugares onde todos os días pasan moito tempo os cidadáns máis vulnerables e que máis se deben de protexer, xa que representan o futuro e o porvir dunha sociedade. Neste sentido, a proposta é máis que procedente, e urxente, tendo en conta o abandono que sofren este tipo de infraestructuras. De feito, a proposta non xorde dunha ANPA ou dunha persoa particular, xorde e é elaborada con consenso por toda unha comunidade educativa, a través dun plan integral, cunhas actuacións perfectamente definidas para mellorar o centro e o entorno, o barrio.

        Sen respostas
  • k4iser

    Esto no procede aquí, hablen con la consellería de educación y con el centro en particular.

      • marqrego

        Grazas pola apreciación. Procede dende o momento en que as respectivas institucións que deberían facerse cargo, como a Consellería de Educación ou propio Concello, delega e fomenta que este tipo de intervencións se fagan a través destas propostas. Concordo con vostede en que non debería ser o adecuado que unha infraestructura como un colexio (onde se desenvolven actividades coa infancia, coas persoas máis fráxiles dunha sociedade e que se debería velar polo seu desenrolo con alta prioridade) se xogue nunha lotería como estes orzamentos participativos o investimento para acadar as melloras necesarias. Denunciamos a deixadez de funcións, pero impulsamos esta proposta coa satisfacción de que o apoia unha grande maioría do barrio xa que se trata dunha intervención que melloraría a contorna e que permitiría abrir o colexio á cidadanía, gañando espazos de uso común para todos e todas, non só para os nenos e nenas do colexio, por se iso non fose xa motivo suficiente para o apoio. Grazas.

        Sen respostas
Non hai fitos definidos