Na Coruña Contas

  • marqrego

    Comparto en parte a súa opinión: as melloras nas infraestructuras dos colexios ten que asumilas a administración que ten a competencia, neste caso: a Xunta de Galicia a través da Consellería de Educación. Agora ben, nos entornos urbanos é competencia dos concellos xerar entornos de convivencia e colaborar para dar resposta á petición de dignificación do entorno dentro dun barrio, e os colexios son parte importante dentro dun barrio xa que son lugares onde todos os días pasan moito tempo os cidadáns máis vulnerables e que máis se deben de protexer, xa que representan o futuro e o porvir dunha sociedade. Neste sentido, a proposta é máis que procedente, e urxente, tendo en conta o abandono que sofren este tipo de infraestructuras. De feito, a proposta non xorde dunha ANPA ou dunha persoa particular, xorde e é elaborada con consenso por toda unha comunidade educativa, a través dun plan integral, cunhas actuacións perfectamente definidas para mellorar o centro e o entorno, o barrio.

    Sen respostas