Na Coruña Contas

Volver

Rematar a cidade: Gran bosque, Área autocarabanas, Albergue e pista Skate

Chisco Rey Chisco Rey  •  19/09/2022  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 3966

A miña proposta prevé algunhas infraestructuras que necesita a cidade para convertirse nun referente en todo o noroeste, atraendo a más visitantes e mellorando a calidade de vida dos Coruñeses:

- Gran bosque: Crear un gran bosque autóctono unindo o monte de San Pedro co Parque de Bens. Moi necesario para rematar unha zona infrautilizada.

- Área autocarabanas: Gran área detrás dos campos da torre, onde está a chatarrería abandoada e o almacén de materiais de construción, que é unha zona que da peniña a imaxe que da a carón da torre. Atraería a milleiros de visitantes nun medio de transporte en total expansión.

- Albergue: Para peregrinos no cárcere da torre. O número de peregrinos que se achegan é crecente, atraendo a máis visitantes.

- Pista Skate: Iría no "leirapark" que está enriba da praia de San Amaro e do Club do Mar. Remataría unha zona que está infrautilizada.

Informe de inviabilidade

A proposta foi calificada como inviable porque a maioría das actuacións propostas non poden levarse a cabo por non ser competencia do Concello ao ubicarse en espazos que non son de titularidade municipal, e non cumpren os requisitos necesarios.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos