Na Coruña Contas

Resultados da busca

Hai 2 propostas de investimento que conteñen 'zona verde'

Creación de zonas naturalizadas en espacios verdes.

23/06/2016  •  salebas  •  Toda a cidade

Creación de corredores naturalizados en espacios verdes que permitan nichos ecolóxicos para especies autóctonas tanto vexetais como animais. Carteles explicativos nestas zonas para explicar o interés e a necesidade de conciliar a cidade coa biodiversidade.

21.500 €

Plantación de 111 árbores autóctonas entre Monte das Moas - Parque de Eirís

23/06/2016  •  xianaaaaa  •  Toda a cidade

A miña proposta consiste nunha plantación de 111 árbores autóctonas mixtas no entorno do Monte das Moas - Parque de Eirís para ir convertindo a zona no pulmón verde que esta precisa (dándolle continuidade á  plantación de castiñeiros executada recentemente). A Organización Mundial da Saúde estima necesaria a existencia dunha árbore por cada tres persoas. Na Coruña non chegamos nin ao 20% dos que realmente deberiamos ter. O compromiso do Concello coa loita contra o Cambio Climático sitúa esta petición como unha das prioritarias neste senso.

80.000 €