Na Coruña Contas

Volver

Creación de zonas naturalizadas en espacios verdes.

salebas salebas  •  23/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2774

Creación de corredores naturalizados en espacios verdes que permitan nichos ecolóxicos para especies autóctonas tanto vexetais como animais. Carteles explicativos nestas zonas para explicar o interés e a necesidade de conciliar a cidade coa biodiversidade.

Informe de custo

Esta proposta, considerada VIABLE polo equipo técnico municipal, é moi xenérica dende o punto de vista orzamentario, pois leva gastos diversos asociados á sinalización e á cartelería e, quizais, algunha dotación de arbustos da familia das rosáceas de froito (moras, framboesas, grosellas...). A creación de corredoiros naturalizados dentro de espazos verdes, máis que requirir un custo adicional, supón unha diminución do orzamento destinado a mantemento, pois se entende que o mellor xeito de revertir zonas moi axardinadas a unha situación máis naturalizada e ecolóxica pasa por diminuír a presión da intervención humana. Agradecemos a túa contribución ao programa de Orzamentos Participativos e esperamos contar coa túa colaboración no vindeiro ano.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos