Na Coruña Contas

Volver

Plantación de 111 árbores autóctonas entre Monte das Moas - Parque de Eirís

xianaaaaa xianaaaaa  •  23/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2796

A miña proposta consiste nunha plantación de 111 árbores autóctonas mixtas no entorno do Monte das Moas - Parque de Eirís para ir convertindo a zona no pulmón verde que esta precisa (dándolle continuidade á  plantación de castiñeiros executada recentemente). A Organización Mundial da Saúde estima necesaria a existencia dunha árbore por cada tres persoas. Na Coruña non chegamos nin ao 20% dos que realmente deberiamos ter. O compromiso do Concello coa loita contra o Cambio Climático sitúa esta petición como unha das prioritarias neste senso.

Informe de custo

A proposta foi considerada VIABLE polo noso equipo técnico, segundo o seguinte informe: "Trátase dunha petición con localización e cuantificación do número de exemplares a plantar moi concreta polo que a estimación do custo, aínda que pode variar algo en función da especie e as condicións do subsolo, resulta moi axustada. Para a presente avaliación económica fíxose unha estimación do prezo medio "tipo" para a plantación de arborado en zonas axardinadas e parques urbanos con dispoñibilidade de espazo de plantación, subsolo axeitado e acceso a rega. Tomáronse en consideración a necesidade de que as árbores tiveran un calibre mínimo (14/16), para garantir a súa viabilidade, así como outras características do arbolado (preferentemente frondosas, de folla caduca, resistentes a enfermidades e ao ambiente salino, etc.) e dos sistemas de plantación (mellora do volume de plantación en áreas pavimentadas mediante subsolos estruturais ou métodos similares, utilización de anclaxes e drenaxes, mellora do subsolo se fose preciso, etc.). Moitas grazas pola túa participación no programa de Orzamentos Participativos e esperamos contar coas túas propostas o vindeiro ano, na seguinte edición dos Orzamentos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos