Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Toda a cidade

Propostas de investimento non viables: Toda a cidade

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.

Mellora e do Castro de Elviña

22/06/2016  •  ilmarino  •  Toda a cidade

Acondicionamento e posta en valor do Castro de Elviña

Supresión de barreiras arquitectónicas no Birloque-MArtinete

19/06/2016  •  emanteiga  •  Toda a cidade

Rúas como Joaquín Martín MArtínez, Manuel Ferrol e Joaquín Darriba precisan unha mellora de accesibilidade. A pendente dalgunhas rúas coa escasa accesibilidade fai moi dificultoso o tránsito con carros de bebés e cadeiras de Rodas. Resulta lamentable ter que invadir o carril bici para ter un itinerario accesible.

Reaprovechamiento espacios bajo viaducto Avda. Ejército

15/06/2016  •  aleixo_varela  •  Toda a cidade

Se propone realizar un reaprovechamiento y acondicionamiento de los amplios espacios bajo cubierto, actualmente infrautilizados, en la zona de la rotonda bajo el viaducto de la Avda. del Ejército, pudiendo ser destinados a aparcamientos de vehículos de 2 ruedas, de forma análoga a la actuación realizada bajo el viaducto en San Pedro de Mezonzo; u otros fines de uso común. Por ejemplo, gimnasio al aire libre, pero resguardado, para jóvenes y/o mayores, enlazando y completando el uso deportivo que se le da al eje parque de San Diego y Parque Europa. La demanda de plazas para motos es real, pero en la actualidad se realiza de forma alegal sobre la acera ante la inexistencia de zonas acondicionadas para ello.

Zonas para expor murais e grafites

08/06/2016  •  psexto  •  Toda a cidade

 somos conscientes das reticencias veciñais a este tipo de expresións artísticas, en nada axuda as “pintadas” que adoitan aparecer en muros e outros elementos e que nada teñen que ver con murais artísticos ou grafites, ensuciando moitas paredes do barrio; mais non debemos confundir unha cousa coa outra.

Habería que acondicionar paneis e paredes no barrio, para fomentar a expresión artística na rúa, tal e como se ten feito noutras zonas da cidade. Deste xeito a veciñanza vería como a través dos grafites se poden poñer en valor zonas que ás veces están moi degradadas, tamén implicaríamos a xente nova no coidado do mobiliario urbano ao tempo que darían a coñecer formas de expresión alternativas e que non adoitan contar con espazos para a súa exposición.

Non temos máis que observar como se ten tratado esta cuestión nalgunhas cidades europeas nas que estas formas de expresión chegan a formar parte das rutas turísticas. Dende a nosa Asociación instamos ao Concello a que acondicione zonas para este tipo de arte, contando coa opinión de veciños e veciñas para acordar onde é o mellor sitio para expor murais ou grafites.

Rocódromos abertos

22/06/2016  •  carolina_martinezg  •  Toda a cidade

Por que non aproveitar os diferentes muros sen uso da cidade e convertilos en rocódromos!?

Reparación y humanización del jardín de Cuatro Caminos

22/06/2016  •  msieaso1213  •  Toda a cidade

Reparación integral del pavimento que se encuentra en un estado lamentable. Repintado de los bancos. Reposición de la fuente de beber, que lleva varios años sin funcionar. Mejorar y optimizar la iluminación con leds, pues es una vía de paso para transeuntes, muy utilizada también por la noche. Humanizar este parque  un poco más, ya que está rodeado de un volumen de tráfico muy intenso, diseñando pantallas de vegetación que reduzcan el impacto acústico y visual del tráfico. (Porque entiendo que la valoración de reducción de carriles, o incluso la peatonalización de alguna de sus calzadas adyacentes no compete a este apartado)

 

Mellora carretera Monte do Mero

19/06/2016  •  lurpis  •  Toda a cidade

A estrada que da acceso ó Monte do Mero é un auténtico caos de tráfico nos horarios de entrada e saida do centro escolar dos Maristas. O volume de coches que circulan pola mesma fan que os veciños da zona non a poidan utilizar con normalidade, xa que é imposible que poidan sair dos seus domicilios nesas horas, por non falar de que houbo ocasións nos que incluso as ambulancias non podían acceder. Penso que esa estrada debería ser de sentido único agás para residentes.

Mellorar seguiridade dos pasos de peóns na cidade

20/06/2016  •  sabela6  •  Toda a cidade

Facendo sobresaír a beirarrúa ata quedaren a nivel dos coches aparcados. Moitas veces quen conduce non pode ver a quen espera para cruzar debido aos coches aparcados, e viceversa, non podes ver se veñen coches dende a beirarrúa e tes que meterte na calzada. Ademáis, ensancharía lixeiramente ese saínte, para evitar que os coches aparcados cubran o paso quitando visibilidade. 

Juegos infantiles y zona canina en la Plaza de Tabacos

16/06/2016  •  acor_scity  •  Toda a cidade

Aumentar la dotación de juegos infantiles y que esten protegidos del viento y de la lluvia. Habilitar un área canina ya que conviven habitualmente canes y niños con el riesgo que ello entraña. La zona de la plaza que está detrás de la Fábrica de Tabacos está infrautilizada.

REFORMA INTEGRAL DO BARRIO DO CASTRILLÓN

16/06/2016  •  Carmen1  •  Toda a cidade

Creo que é de xustiza histórica que se termine a remodelación do barrio do Castrillón de forma integral. Que se abran as rúas que están cortadas, que se finalice por fin e se poña en marcha dunha vez por todas (levo máis de 30 anos no barrio) a piscina municipal sin que nos vexamos obrigados a cumplimentar miles de enquisas de uso e participación simplemente porque o edificio xa está case terminado e é unha promesa histórica que se ten que cumplir, que se poña un punto de acceso a bicis, que se organicen as hortas urbanas que existen e se coide ese entorno que actualmente está totalmente desorganizado, máis árbores en xeral e tamén no parque de Eirís, limpeza das cacas dos cans... porque os nenos non poden disfrutar dos parques por ese motivo...  en fin...podería poñer mil cousas máis, pero xa con esto, para empezar, teríamos máis que consumido ese fantástico millón de euros.