Na Coruña Contas

Volver

REFORMA INTEGRAL DO BARRIO DO CASTRILLÓN

Carmen1 Carmen1  •  16/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2558

Creo que é de xustiza histórica que se termine a remodelación do barrio do Castrillón de forma integral. Que se abran as rúas que están cortadas, que se finalice por fin e se poña en marcha dunha vez por todas (levo máis de 30 anos no barrio) a piscina municipal sin que nos vexamos obrigados a cumplimentar miles de enquisas de uso e participación simplemente porque o edificio xa está case terminado e é unha promesa histórica que se ten que cumplir, que se poña un punto de acceso a bicis, que se organicen as hortas urbanas que existen e se coide ese entorno que actualmente está totalmente desorganizado, máis árbores en xeral e tamén no parque de Eirís, limpeza das cacas dos cans... porque os nenos non poden disfrutar dos parques por ese motivo...  en fin...podería poñer mil cousas máis, pero xa con esto, para empezar, teríamos máis que consumido ese fantástico millón de euros.

Informe de inviabilidade

A túa proposta foi declarada INVIABLE por acadar menos de 26 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, foron enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a presentar as túas propostas na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todos e todas queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos