Na Coruña Contas

Volver

Zonas para expor murais e grafites

psexto psexto  •  08/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2402

 somos conscientes das reticencias veciñais a este tipo de expresións artísticas, en nada axuda as “pintadas” que adoitan aparecer en muros e outros elementos e que nada teñen que ver con murais artísticos ou grafites, ensuciando moitas paredes do barrio; mais non debemos confundir unha cousa coa outra.

Habería que acondicionar paneis e paredes no barrio, para fomentar a expresión artística na rúa, tal e como se ten feito noutras zonas da cidade. Deste xeito a veciñanza vería como a través dos grafites se poden poñer en valor zonas que ás veces están moi degradadas, tamén implicaríamos a xente nova no coidado do mobiliario urbano ao tempo que darían a coñecer formas de expresión alternativas e que non adoitan contar con espazos para a súa exposición.

Non temos máis que observar como se ten tratado esta cuestión nalgunhas cidades europeas nas que estas formas de expresión chegan a formar parte das rutas turísticas. Dende a nosa Asociación instamos ao Concello a que acondicione zonas para este tipo de arte, contando coa opinión de veciños e veciñas para acordar onde é o mellor sitio para expor murais ou grafites.

Proposta en nome de: Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros

Informe de inviabilidade

Lamentamos comunicarche que a túa proposta foi considerada INVIABLE ao non cumprir co criterio de ser un gasto de investimento. Con todo, agrádanos comentarche que dende o Concello está previsto poñer en marcha una proposta destas características. Neste momento as Concellarías de Medio Ambiente e Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda están traballando nun inventario de posibles localizacións para este tipo de actuacións". Agradecémos a túa colaboración no programa de Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas propostas no vindeiro ano.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • galego1906

    Me parece buena idea y educativa. Así muchos jóvenes seguro que no pintarían en cualquier lugar. Y se valoraría realmente las pintadas como algo artisticio y que aporta en lugar de restar.
    zonas como cuatro caminos o los murales del paseo marítimo demuestran que son paredes que la gente joven respeta y no pintan por encima.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos