Na Coruña Contas

Volver

Placas solares nas paradas de autobús

sabela6 sabela6  •  22/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2751

Instalación de placas solares nas paradas para iluminalas e tamén para as pantallas informativas.

Informe de custo

Esta proposta foi considerada VIABLE polos equipo técnico municipal, en base ao seguinte informe: “ No mercado existen marquesiñas con placas solares, cun orzamento duns 14.500 € por marquesiña, polo que cun orzamento de 1.000.000 € poderíanse colocar 69 marquesiñas. As pantallas informativas existentes xa teñen paneis solares instalados. Con todo, infórmase que, tras a experiencia coas pantallas informativas, éstas non funcionan unicamente con enerxía solar, debido á climatoloxía da cidade, polo que é necesaria unha conexión de apoio á rede eléctrica. Sen a devandita conexión as pantallas funcionan cunha batería que é necesario recargar con regularidade, polo que o mantemento é moi elevado". Moitas grazas pola túa participación nos Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas propostas no vindeiro ano.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos