Na Coruña Contas

Volver

Xerar un espazo comunicado de 5.700 metros cadrados no Agra do Orzán

marcosvr marcosvr  •  20/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2655

Na praza de Alfonso Xiii, entre a Ronda de Outeiro e a rúa Isaac Peral existe unha praza pública a dúas alturas, resultante dunha promoción urbanística. Na parte do plano inferior se atopa un transformador de Fenosa, hoxe Gas Natural, en parcela entendo de equipamento público. O conxunto da praza sumando as dúas alturas é de 5700 metros cadrados, segundo foto aérea que xunto. Na actualidade a praza do plano inferior non conta con mobiliario urbano, e non comunica coa da parte de arriba, con equipamento infantil e fonte pública. A proposta consiste en unificar o espazo eliminando o muro que separa as dúas alturas da praza, cun sistema que podería ser unha bancada como a do paseo marítimo por exemplo, con escaleiras que posibiliten o acceso polos dous extremos. A bancada corrida ao longo duns 80 metros habilitaría un montón de asentos, e poría en valor o espazo da praza da parte de abaixo, que conta tamén cun edificio porticado. O soterramento da infraestrutura eléctrica permitiría a ocupación do espazo pola xente, con colocación de mobilirario urbano, e mesmo infantil. Trátase dunha praza moi utilizada na parte de arriba e compretamente desaproveitada na de abaixo, principalmente polo mantemento dun transformador que na actualidade non se podería facer así, e a promoción do desenvolvemento da unidade de actuación sen ter en conta a integración das dúas alturas. En definitiva, onde hoxe hai dúas prazas de Alfonso Xiii, facer unha, como debera ser. 

Informe de inviabilidade

A túa proposta foi declarada INVIABLE por acadar menos de 26 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, foron enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a presentar as túas propostas na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todos e todas queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos