Na Coruña Contas

Volver

Hortos urbanos municipais

patriciahp patriciahp  •  17/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2578

Por en marcha hortos urbanos en distintos puntos da cidade, xestionados por profesionais de agricultura ecolóxica, poñelos en marcha e mantelos mediante cursos de formación a xente desempregada realmente interesada, e comercializar en mercados locais o producido. Utilizar os mesmos como centros de educación ambiental infantil ,e promoción de pulmóns verdes na cidade. Zona de Eirís, Mesoiro, Los Rosales, Bens, Zapateira, Parque de Santa Margarita, Vioño, Feáns....

Informe de custo

A proposta considérase VIABLE segundo o seguinte informe técnico: "A proposta é viable. O Concello ten na actualidade en marcha un proceso de elaboración dun proxecto para tres hortas urbanas en tres zonas da cidade: Castrillón, Agra/Rosais e Novo Mesoiro que está previsto desenvolver durante os anos 2016/2017. Ademáis Actualmente está redactado o proxecto construtivo de hortas urbanas educativas no parque Carlos Casares. O prezo base de licitación é de 19.500 €. Tendo en conta que hai outras tres hortas en proceso de activación e considerando a explicación da proposta, estímase a construción e posta en marcha de dez novas hortas cun prezo análogo." Moitas grazas pola túa participación no programa de Orzamentos Participativos e esperamos contar coas túas achegas no vindeiro ano.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos