Na Coruña Contas

Volver

Fomentar uso bicis para acudir a CEIP e IES

acor_scity acor_scity  •  16/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2560

Creación de rutas seguras en bici y habilitar aparcamientos para que l@s m/padres puedan acudir en bici con sus hij@s a los centros educativos. Con la intención de fomentar el uso a edades tempranas que consolide hábitos futuros y en el corto plazo ayude a reducir el uso de vehículos privados.

Informe de custo

Esta proposta considérase VIABLE segundo o seguinte informe técnico: "Para a realización desta proposta, preténdense instalar varias bases porta-bicicletas, cun modelo propio, xa usadas en diferentes puntos como na Rúa San Andrés, fronte á Igrexa Castrense. Trátase dun deseño estético que non impacta de forma visual, e útil para poder aparcar a bicicleta en calquera punto da cidade. O prezo aproximado destas bases porta-bicicletas é de 3.100 euros cada unidade, polo que se pode instalar un aparcabicicletas en cada CEIP e IES cun orzamento de 87.300 €. En canto á senda ciclable, o orzamento estimado por km é de 80.000 € o que significa que poderianse executar 11,45 km dentro da rede ciclable da cidade conectando os centros de ensino ca rede principal." Dámosche as grazas pola túa achega aos Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coa túa participación no vindeiro ano.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • fernando-pi

    Comparto a proposta, que pode ser complementaria as codificadas cos números 209 e 281.
    Na actualidade, moitos centros educativos teñen prazas de aparcadoiro para uso exclusivo do seu persoal funcionario, cando, en boa hixiene democrática, os espazos deberan ser para os usuarios, menores e npais. Na maioría dos centros teñen espazo para habilitar aparcadoiros de bicis. O investimento sería mínimo, xa que só precisan liberar espazo de coches e instalar uns postes para bicis. As funcionarias que deixen o coche na casa, coma os demais.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos