Na Coruña Contas

Volver

Espazos de ocio xuvenil. Reacondicionamiento da cocheira do tranvía.

magarees magarees  •  12/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2495

As principais opcións de ocio para os adolescentes da cidade son centros comerciais e o botellón na rúa, en verán pódese sumar a praia. Os xóvenes precisan xa espazos onde teñan cabida a arte, o deporte, o coworking, o xogo e a conversa. O espazo funcionaría a partir do horario de peche dos institutos e os fins de semana. Propoñemos un acondicionamento das cocheiras do tranvía (que podería cambiarse por outro edificio en desuso), que están abandonadas na actualidade e proporcionarían un espazo amplo e axeitado para os xovenes o estar, ademáis preto de varios centros de formación.

Proposta en nome de: Educación Galega en Transición

Informe de inviabilidade

A túa proposta foi declarada INVIABLE por acadar menos de 26 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, foron enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a presentar as túas propostas na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todos e todas queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos