Na Coruña Contas

Volver

Asentos protexidos na praza das Conchiñas

xornaleira xornaleira  •  10/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2448

Habilitar asentos protexidos para poder disfrutar da praza todo o ano: chova ou faga sol.  As cafeterías palían un pouco o tema pero supón un gasto que, sobre todo os maiores, non poden  asumir..

 

Informe de inviabilidade

A túa proposta foi declarada INVIABLE por acadar menos de 26 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, foron enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a presentar as túas propostas na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todos e todas queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • vpv

    Concordo co existencia de zonas protexidas da choiva, mais tamen do sol.
    Un dos factores positivos da remodelación da praza das Conchiñas, é precisamente que o sol fai agradable a sua estacia durante os meses fríos, máis hai que recoñecer que os días de sol e calor faise bastante duro soportar o sol e o calor...algunha zona de sombra tanto para a terceira idade como na zona infantil serían ben agradecidos pola veciñanza!
    Unhas mesiñas para que os maiores se entreteñan con xogos de mesa, zonas de xogo para nenos/as a partir de 5 anos de idade, un cerrado na parte da praza que linda co paso de coches (co fin de evitar que os máis pequenos escapen da zona infantil e invadan directamente a calzada), tamen se debera cerrar as xardineiras na zona de entrada/saida do garaxe (xa que os nenos/as se suben e corren risco de caida desde bastante altura), un paso de peons que permita acceder á praza desde a rúa entrepeñas sen necesidade de dar a volta pola rúa barcelona ou rúa corcubión,

    Sen respostas
Non hai fitos definidos