Na Coruña Contas

Volver

Recuperación do edificio do antigo Concello de Oza

Eloy Vázquez Eloy Vázquez  •  09/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2409

Na rúa Montes, na parte alta do parque de Oza, existe aínda o edificio que albergou o antiguo concello de Oza, até que este foi absorbido polo concello da Coruña en 1912. O edificio está rodeado doutras antigas edificacións pertencentes ao antigo poboado de Montes. 

Sería interesante, cando menos, a recuperación do antigo edificio, destinándoo a ofrecer algún servizo municipal, centro de día, oficina municipal, etcétera, e servindo ao mesmo tempo de centro de interpretación do antigo concello de Oza, conectándoo co parque inmediato.

Informe de inviabilidade

A proposta foi declarada INVIABLE polo equipo técnico municipal segundo o seguinte informe: "O edificio sitúase dentro do ámbito de xestión urbanística API Q28, cun proceso de desenvolvemento moi avanzado que vén de vello (o documento urbanístico de desenvolvemento e o proxecto de compensación xa aprobados definitivamente, o proxecto de urbanización cando menos en redacción, e parte da urbanización xa executada). A posición exacta do edificio do antigo concello é no interior dunha das parcelas edificables de titularidade privada delimitadas polo instrumento urbanístico, de xeito que a súa conservación e rehabilitación é incompatible coa ordenación aprobada". Moitas grazas pola túa participación nos Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas propostas no vindeiro ano.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos