Na Coruña Contas

Volver

Casilleiros de "bookcrossing" nas paradas de autobús.

amir amir  •  08/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2400

Mentras agardas polo bus, les. Instalar uns casilleiros de "bookcrossing" nas marquesinas das paradas de autobús, onde a xente poida deixar aqueles "libros viaxeiros" e coller outros para ler. Empezaríase nas paradas máis concorridas para logo irse extendendo a todas, co paso dos anos. Se queremos que A Coruña sexa unha cidade culta, hai que ler; se non lemos, non aprendemos. E se se aposta pola educación, a lectura é o piar máis importante. Lóxicamente, habería que concretar o sistema de intercambio dos libros, tamén contar coa axuda de voluntarios que informen, isto é, unha boa campaña de promoción.

Informe de inviabilidade

A túa proposta foi declarada INVIABLE por acadar menos de 26 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, foron enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a presentar as túas propostas na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todos e todas queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos