Na Coruña Contas

Volver

Senda verde nos terreos do oleoduto

psexto psexto  •  07/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2361

 para solicitar que se realice un estudo e unha planificación para a construción dunha senda verde nos terreos que agora ocupa o oleoduto que une a terminal de San Diego coa Refinería de Repsol.

Nesta cidade segue habendo moi poucas zonas verdes, cunha porcentaxe que segue sendo das máis baixas do Estado español, así pois habilitar zonas verdes debería ser unha prioridade de calquera goberno. Os investimentos en zonas verdes, con espazos para pasear, facer deporte ou simplemente para poder respirar en espazos limpos e abertos no noso tempo de ocio, son un grande aforro no futuro da nosa saúde, cada euro que se inviste mellora a saúde da veciñanza e aforra gastos sanitarios no futuro.

Todo o territorio que aínda hoxe ocupa o oleoduto permite a construción dunha gran senda verde, que atravesaría todo o que foi o concello de Oza. É un bo momento para planificar e incorporar esta gran senda verde nas actuacións urbanísticas que se vaian facendo, o plan de mobilidade debería incorporar este gran corredor para ir adaptando as zonas polas que pasa e poder habilitar unha senda peonil e para bicicletas, con arboreda e mobiliario adecuado.

Nun futuro próximo o oleoduto quedará fóra de servizo e nese intre xa se podería construír esta gran senda verde, estamos a tempo para ir facendo as cousas tendo en conta esta actuación, non tería sentido realizar obras que despois se tivesen que desfacer para habilitar este gran paseo. Así pois, dende o noso colectivo, xa lle temos feito esta achega ao Concello agardando que se teña en conta.

Informe de inviabilidade

Lamentamos comunicarche que a túa proposta foi considerada INVIABLE polo noso equipo técnico en base ao seguinte informe: "Trátase dun gasto corrente e polo tanto non cumpre co criterio de ser un gasto de investimento. A meirande parte dos terreos do oleoducto non son de titularidade municipal. A acción que se propón está recollida no Plan Xeral de Ordenación Municipal (en diante, PXOM) vixente. A estimación da redacción dun Plan Director, que sería o documento apropiado para o "estudo e unha planificación para a construción dunha senda verde nos terreos que agora ocupa o oleoduto que une a terminal de San Diego coa Refinería de Repsol" tería un custo estimado de 24.200€. A valoración deste documento vén xustificada polo que estima o PXOM en relación á superficie e custo por m2: Acción CV-7 (treito Avda.Finisterre – Avda.Monelos) 18.000 m2 Acción CV-8 (treito Avda.Monelos – Porto A Coruña) 35.700 m2 O PXOM estima 70 €/m2 de custo de urbanización, polo que uns estudos previos das actuacións poderíanse estimar entre 15.000-20.000 € + IVE (aprox 15-20% do 3% s/Orzamento de Execución Material)". Agradecémosche a túa participación no programa de Orzamentos Participativos e esperamos contar coas túas propostas no vindeiro ano.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos