Na Coruña Contas

Volver

carrir bici real

toxos toxos  •  07/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2357

un carril bici real, sen cortese debidamente sinalizado, polo menos, os bordes costeirosda cidade e area metropolitana. Actualmente poseriase decir q o carril bici vai do castelo san anton o monte san pedro (con cortes sen sinalizar correctamente dende a torre ata matadero) Non se pode entender q dende a mariña a plaia de oza non exista carril bici e non falamos de zonas como castrillon, ventorrillo, etc

canto se aforraria en abrir as bicis para acceder as plaias cercanas coma santa cristina, e demais. Falar falouse pero parece quedou no olvido,  xa veñen as retencion veraniegas!!

Informe de inviabilidade

Lamentamos comunicarche que a túa proposta é INVIABLE, aínda que está prevista a súa execución a través dun Convenio asinado entre o Concello da Coruña e a Deputación Provincial da Coruña a través do proxecto "Carril bici metropolitano". A execución deste investimento está previsto que se faga a cargo dos fondos dese convenio, polo que temos que consideralo inviable. O proxecto no que se está a traballar creará conexións cos concellos de Culleredo e Arteixo mediante a creación de 5,5 quilómetros de infraestrutura ciclable que inclúe un carril por cada un dos sentidos entre a praza de Mina e o parque de San Diego, dando continuidade ao carril bici do parque de San Diego e do barrio do Castrillón para continuar coa creación dun carril bici paralelo ás beirarrúas existentes na actualidade na avenida da Pasaxe ata o concello de Culleredo. Moitas grazas pola túa participación nos Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas propostas no vindeiro ano.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • técnica1

    Esta proposta é viable pero está duplicada. Revise unha achega anterior codificada co nº 32 “Creación dunha rede de vías ciclabeis na cidade” e valore se a súa proposta pode estar incluida nela. Recomendámoslle que, sempre que o considere oportuno, considere eliminar a súa proposta e apoiar a nº 32 na seguinte fase de priorización, co obxecto de concentrar os votos nunha única proposta, e non dispersalos en varias delas que sexan iguais o moi similares. Se o desexa, tamén pode facer comentarios noutras achegas similares á súa para integralas todas nunha única proposta global.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos