Pérgola / cuberta total ou parcial para patio central de acceso CEIP María Pita
20/05/2019 • • Distrito 7
Proponse realizar unha pérgola/cuberta para protexer da intemperie a zona de patio na que se desenvolven tanto as filas para a entrada de alumnos ao centro como a saída ao recreo.
A altura da pérgola proposta coincidiría coa altura de teito de planta baixa, e non restaría luminosidade nin ventilación de espazos nos que se desenvolve a práctica docente, dado que pola distribución do edificio estes espazos atopanse volcados cara as fachadas máis exteriores.
A pérgola parcial ocupa uns 140 m², e a súa versión completa uns 400m² situados na parte interior da U do edificio.
Na actualidade non existe un espazo cuberto anexo ao centro para que en días de choiva o alumnado poida organizar filas para as entradas e saídas protexidos, ou sair ao recreo con mal tempo.
ECOS DO SUR propón a compra dunha trituradora para a xestión de restos de podas
08/05/2019 • • Distrito 1
Co fin de xestionar correctamente restos de podas de árbores, setos e arbustos neste distrito 1 (distrito con cantidade de fincas con hortas, zonas verde e plantacións), sería de gran utilidade ambiental unha máquina trituradora portátil de polas e troncos de diversos tamaños. Esta máquina que sería de titularidade municipal e de uso público, podería empregarse para facer estruturante para engadir ao compost. Deste xeito faríase unha xestión de residuos orgánicos máis sostible e descentralizada que actualmente, evitando as queimas e incineracións nas fincas privadas e os traslados ao punto de limpo ou ao centro de xestión de residuos de Nostián.
A trituradora con rodas proponse que sexa de uso compartido entre persoas a título particular, entidades e asociacións que o soliciten polo procedemento que estipule o Concello.
Estación Bicicoruña no Parque de Santa Margarida
20/05/2019 • • Distrito 9
A proposta consiste en instalar un novo posto de Bicicoruña no parque de Santa Margarida para mellorar este servizo e que máis xente tome a iniciativa de usalo.
Área recreativa nos arredores do centro cívico de Feáns
14/05/2019 • • Distrito 4
Os veciños e veciñas de Feáns tras reunión específica decidiron elevar esta proposta como unha proposta de interese xeral. Neste sentido, destácase que esta zona carece de áreas recreativas, fontes de auga potable e bancos para sentarse as persoas maiores. Así, unha área recreativa nas proximidades do centro cívico de Feáns axudaría a crear comunidade e aumentar o benestar dos veciños e veciñas de todas as idades.
Por outra parte, sería unha proposta de interese para todo o distrito, xa que está prevista a senda fluvial ao largo do río Monelos polo que se podería enlazar con esta zona.
Humanización del entorno de la Plaza de Lugo
21/05/2019 • • Distrito 8
En la imagen se resume la situación actual de todo el entorno de la Plaza de Lugo: demasiados carriles (siempre dos o tres, que acaban siendo uno por la continua doble fila) y aceras pequeñas que provocan embotellamientos de gente debido a la zona en la que nos encontramos (núcleo de tiendas de la ciudad). Se propone la reducción del espacio para los coches, con ampliación de aceras y la posibilidad de crear un carril bici que una el metropolitano con Juan Flórez, además de la plantación de vegetación que hagan que la zona sea más habitable.
Reforzo carril bici elviña
06/05/2019 • • Distrito 3
A pesar de ser o primeiro tramo de carril bici con certa continuidaden non existe ningunha estación de bicicoruña no seu entorno.
Plantease a creación de tres estacións de bicicoruña:
-Esquina de Pablo Picasso con Alexander Von Humboldt (dando servicio ós diferentes centros educativos da contorna).
-Aparcamento disuasorio de Lonzas (fomentando a intermodalidade).
-Rua Mendaña de Neyra con Avenida da universidade (dando servizo ó CIFP Someso, ExpoCoruña, Coliseum, centro deportivo AQA...)
Crear zonas verdes no parque proposto entre as ruas Oslo e Oporto
30/04/2019 • • Distrito 5
Acondicionamiento dos arredores do parque proposto entre as ruas Oporto e Oslo nos presupostos participativos do ano pasado. Proponse acondicionar zona verde con árboles e mesas, fonte de Auga potable e acondicionamiento da canle de Auga que Baixa de de a parte alta da Rúa Oporto.
Instalación de puntos de luz no lugar de Cances
16/05/2019 • • Distrito 3
No lugar de Cances existen zonas moi oscuras ou en penumbra que contribúen á inseguridade cidadá pola tendencia a presenza de comportamentos incívicos e delictivos. Para evitar este comportamentos e incrementar a seguridade cidadá pódense instalar puntos de luz con boa intensidade lumínica e empregando luces respetuosas ambientalmente. Concretamente, sería precisa iluminación entre a fonte e o número 45 do lugar de Cances (zona moi cuberta por eucaliptos e moi oscura), colocar un punto de luz pegado ao muro do número 28 e antes do número 11.
Parque Eiris .Asfaltar o camiño desde Renaut Caeiro ata calle Oleoducto
21/05/2019 • • Distrito 6
Asfaltado do camiño de terra baixando Parque de Eiris para darlle continuidade á calle Javier Lopez Lopez (calle oleoducto ) ata o concesionario Renault que da á glorieta e poder acceder andando, silla de rodas, en bici,patinete,correndo...tanto ó hospital como á praia de oza e ampliar o percorrido da linea 12 e 12a do urbano en 500 metros para que chegue á parada do 2a hospital de oza
Reposición do asfaltado na estrada Ventorrillo a Penamoa do número 4 ao 50
10/05/2019 • • Distrito 2
Asfaltar este tramo para evitar baches existentes e maior seguridade