Na Coruña Contas

Volver

ECOS DO SUR propón a compra dunha trituradora para a xestión de restos de podas

nereagonlop nereagonlop  •  08/05/2019  •  Distrito 1  • 

Exemplo de máquina trituradora portátil
Exemplo de máquina trituradora portátil

Código proposta de investimento: 1977

Co fin de xestionar correctamente restos de podas de árbores, setos e arbustos neste distrito 1 (distrito con cantidade de fincas con hortas, zonas verde e plantacións), sería de gran utilidade ambiental unha máquina trituradora portátil de polas e troncos de diversos tamaños. Esta máquina que sería de titularidade municipal e de uso público, podería empregarse para facer estruturante para engadir ao compost. Deste xeito faríase unha xestión de residuos orgánicos máis sostible e descentralizada que actualmente, evitando as queimas e incineracións nas fincas privadas e os traslados ao punto de limpo ou ao centro de xestión de residuos de Nostián.

A trituradora con rodas proponse que sexa de uso compartido entre persoas a título particular, entidades e asociacións que o soliciten polo procedemento que estipule o Concello.

Localización: Ao ser unha máquina portátil, estaría localizada nun centro municipal do distrito 1

Proposta en nome de: ONG Ecos do Sur

Informe de custo

A proposta é VIABLE para a compra dunha biotrituradora de ramas portátil con rodas e asas e una autonomía de 2 horas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos