Na Coruña Contas

Volver

Orzamentos participativos

Screenshot_20190430-214801_2.png

Crear zonas verdes no parque proposto entre as ruas Oslo e Oporto

30/04/2019  •  9475luis  •  Distrito 5

Acondicionamiento dos arredores do parque proposto entre as ruas Oporto e Oslo nos presupostos participativos do ano pasado. Proponse acondicionar zona verde con árboles e mesas, fonte de Auga potable e acondicionamiento da canle de Auga que Baixa de de a parte alta da Rúa Oporto.

200.000 €
Proximidades do centro cívico de Feáns

Área recreativa nos arredores do centro cívico de Feáns

14/05/2019  •  america2  •  Distrito 4

Os veciños e veciñas de Feáns tras reunión específica decidiron elevar esta proposta como unha proposta de interese xeral. Neste sentido, destácase que esta zona carece de áreas recreativas, fontes de auga potable e bancos para sentarse as persoas maiores. Así, unha área recreativa nas proximidades do centro cívico de Feáns axudaría a crear comunidade e aumentar o benestar dos veciños e veciñas de todas as idades.

Por outra parte, sería unha proposta de interese para todo o distrito, xa que está prevista a senda fluvial ao largo do río Monelos polo que se podería enlazar con esta zona.

20.000 €
fonte_1.jpg

Recuperación da Fonte dos Caños en Eirís de Abaixo. Patrimonio en perigo.

21/05/2019  •  monicaeiris  •  Distrito 6

Un dos simbolos históricos de Eirís, xunto co Castelo, ou Fortaleza de Valparaiso, é a Fonte dos Caños. 

Fonte moi antiga, e de auga moi sabedora, que durante anos suministrou de auga potable a xente de boa parte da cidade, que se achegaba a recollela en garrafas. Corría todo o ano.

A partires do 1992, cando nos instalaron o alcantarillado en Eirís de Abaixo, e o posterior asfaltado do camiño que pasa pegado a ela, foi perdendo forza... e auga. 

E dende o inicio das obras do Parque Ofimático, está afogada entre restos de obra e unha beirarúa. 

Como fonte antiga, fermosa, e catalogada, solicitamos ó Concello que rehabilite a Fonte dos Caños e o seu entorno, devolvéndolle o seu valor histórico e devolvéndonos á veciñanza un espazo tan querido. 

2.500 €