Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Distrito 10

Propostas de investimento non viables: Distrito 10

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.

MELLORA DAS BEIRARUAS, FIRME E CONTORNA DA PRAZA DE SAN AGUSTIN

03/05/2019  •  jadv  •  Distrito 10

Bos dias,

penso que sería bo, non só para os residentes senón para a cidadanía de fóra e propia que nos visista, manter un lugar tan sinalado como o mercado de San Agustín e a súa contorna nas mellores condiciones de conservación e limpeza. De ahí que propoña unha renovación do firme na rúa Pío XII, renovación de beirarúas así como eliminación de pintadas que afean a contorna. Tamén unha iluminación axeitada que poña en valor o edificio do mercado e melloras na limpeza viaria, con contenedores soterrados.

IMG_20190521_114643.jpg

Mellorar a Praza dos Avós (diante do Centro Cívico Monte Alto)

21/05/2019  •  MartaySabela  •  Distrito 10

Esta praza é moi utilizada polos veciños do barrio, grazas aos usuarios do centro cívico e a biblioteca, e tamén ás persoas que viven na residencia da terceira idade de Santo Tomás. É dicir, alí conviven veciños de todas as idades. Por iso propoño varias melloras na praza: arranxar o chan (que se  encharca cando chove e escorrega moito); poñer un  aparcabicis na entrada do Centro Cívico; máis árbores para crear zonas de sombra para nenos e maiores; poñer algún banco máis; instalar unhas máquinas de exercicio para os maiores. Tamén sinalizar o Centro Cívico e a biblioteca na rúa Vereda da Polvoreira (xusto antes da subida á praza) e tamén nas paredes do edificio. Instalar papeleiras que separen por tipo de residuos. E por último mellorar a iluminación da praza. 

Rua San Andrés

REURBANIZACIÓN DA RÚA SAN ANDRÉS (ENTRE SANTA CATALINA E JUANA DE VEGA)

25/04/2019  •  A. Martínez  •  Distrito 10

Seguindo o deseño empregado na primeira humanización desta vía, proponse a continuación da mesma nestre treito da rúa. Esta intervención melloraría o espazo peonil na mesma, e permitiría un aumento de atractivo comercial. O redeseño tería en conta o novo mapa de liñas de transporte público así como a posible implantación de carrís bus/bici recollidos nese plan.

MELLORAR ACCESIBILIDADE PARA PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL

21/05/2019  •  fabian89  •  Distrito 10

Poñer rampas , arranxar beirarrúas e en xeral mellorar as condicións das infraestructuras do barrio para facilitar a movilidade das persoas con diversidade funcional.

Captura.JPG

Ampliar as beirarrúas na rúa Pérez Quevedo

26/04/2019  •  Orzán  •  Distrito 10

Actualmente nesta rúa é moi dificil pasar, tanto en coche como andando. Os coches case non caben e os peóns tampouco. Habería que facer máis anchas as beirarrúas e prohibir o aparcamento. 

CEIP Curros Enriquez: Arranxo do comedor e creación dun patio cuberto

30/04/2019  •  nxfx  •  Distrito 10

O CEIP Curros enríquez necesita un arranxo no comedor o cal está moi deteriorado e cubrir o patio para que os nenos podan sair a xogar e a facer actividades cando chova.

Esta poposta da cuberta leva en espera case dez anos.

RENOVACIÓN PAVIMENTO DEL CAMPO DE MARTE

14/05/2019  •  paloma_psr  •  Distrito 10

Urge la renovación del pavimento de todo el parque, ya que se encuentra en muy mal estado, así como arreglar la zona del bebedero.

Compra vivienda vacía para alquiler social

21/05/2019  •  jabovin  •  Distrito 10

Adquisición de vivienda desocupada por valor máximo de 200.000 euros por negociación con entidad que posea un banco de viviendas desocupadas, posterior rehabilitación y puesta disposición como vivienda social en alquiler.

Exemplo de carril-bici a contramán en Vitoria-Gasteiz

Carrís-bici a contramán

21/05/2019  •  monchovazquez  •  Distrito 10

O actual sistema de circulación baseado en rúas de sentido único responde á lóxica do automóbil, mentres que para medios de transporte como a bicicleta carece de sentido. Así, resulta pouco racional que unha bicicleta se vexa na obriga de realizar unha maior distancia cando pode ser un percorrido máis curto. Proponse a creación de carrís-bici a contramán a través da supresión xe bandas de aparcadoiro.

A modo de exemplo, propóñense as seguintes rúas: rúa Alcalde Marchesi, rúa Sagrada Familia e rúa Modesta Goicouría

Renovación del pavimento en la calle del parque

19/05/2019  •  Al15002  •  Distrito 10

Existe un tramo en la calle del parque entre Avenida de hércules y el cruce con la calle Antonio Santiago del lado de los portales impares en la que debido al alto tránsito por ellas por la existencia de un supermercado las losas se encuentran en un malísimo estado. Propongo la renovación de las mismas y el análisis de la posibilidad de ampliar su ancho para facilitar su accesibilidad.