Na Coruña Contas

Volver

MELLORA DAS BEIRARUAS, FIRME E CONTORNA DA PRAZA DE SAN AGUSTIN

jadv jadv  •  03/05/2019  •  Distrito 10  • 

Código proposta de investimento: 1898

Bos dias,

penso que sería bo, non só para os residentes senón para a cidadanía de fóra e propia que nos visista, manter un lugar tan sinalado como o mercado de San Agustín e a súa contorna nas mellores condiciones de conservación e limpeza. De ahí que propoña unha renovación do firme na rúa Pío XII, renovación de beirarúas así como eliminación de pintadas que afean a contorna. Tamén unha iluminación axeitada que poña en valor o edificio do mercado e melloras na limpeza viaria, con contenedores soterrados.

Localización: a actuación abrangue as rúas Xoan XXIII e Pío XII

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos