Na Coruña Contas

Volver

Mellorar a Praza dos Avós (diante do Centro Cívico Monte Alto)

MartaySabela MartaySabela  •  21/05/2019  •  Distrito 10  • 

IMG_20190521_114643.jpg
IMG_20190521_114643.jpg

Código proposta de investimento: 2231

Esta praza é moi utilizada polos veciños do barrio, grazas aos usuarios do centro cívico e a biblioteca, e tamén ás persoas que viven na residencia da terceira idade de Santo Tomás. É dicir, alí conviven veciños de todas as idades. Por iso propoño varias melloras na praza: arranxar o chan (que se  encharca cando chove e escorrega moito); poñer un  aparcabicis na entrada do Centro Cívico; máis árbores para crear zonas de sombra para nenos e maiores; poñer algún banco máis; instalar unhas máquinas de exercicio para os maiores. Tamén sinalizar o Centro Cívico e a biblioteca na rúa Vereda da Polvoreira (xusto antes da subida á praza) e tamén nas paredes do edificio. Instalar papeleiras que separen por tipo de residuos. E por último mellorar a iluminación da praza. 

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos