Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Distrito 10

Propostas de investimento non viables: Distrito 10

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.

Rematar urbanización e pavimentación da Calle Atocha Alta

17/05/2019  •  aalvarez  •  Distrito 10

Bos días,

gustaríame propor a reurbanización e pavimentación da rúa Atocha Alta entre a praza Cántigas da Terra e a praza Juan Manuel Iglesias Mato.

Cos presupostos do ano pasado acometeuse o tramo que vai dende a rúa da Torre ata a praza Cántigas da Terra.

Propoño continuar a actuación ata a praza Juan Manuel Iglesias Mato, de maneira que quede rematada toda a rúa.

Moitas grazas.

Planta coa praza delimitada por mobiliario

CREACION DUNHA PEQUENA PRAZA NA CONFLUENCIA DA RÚA MARCONI COA RÚA MONDOÑEDO

25/04/2019  •  A. Martínez  •  Distrito 10

Actualmente este pequeno espazo no barrio de Monte Alto é un recuncho frío e inhóspito, cheo de vehículos, sen beirarrúas  nin espazo para o peón.

Proponse a creación dunha zona peonil claramente diferenciada dos pavimentos adxacentes na actualidade de formigón.

Para iso, deséñase unha praza de aproximadamente 300m2 cun pavimento sobre elevado 15cm da cota actual, mediante un pavimento de laxas de granito.

Instalaranse bancos e xardineiras segundo a distribución da praza final (3 bancos e 2 xardineiras como elementos diferenciadores de espazos).

A valoración a actuación completa é de 104.600€ IVE incluído (valoración estimada dos orzamentos participativos 2017)

Ampliación da área de baño para o Parrote

Área de baño no Parrote

21/05/2019  •  Javier636  •  Distrito 10

Proponse unha ampliación na zona de baño no Parrote para mellorar a afluencia e contacto entre os veciños e esta zona do porto.

Actualmente moi demandada como área de baño. Numerosos veciños quixeran ampliala.

autoestrada.JPG

Eliminar un carril no Paseo Marítimo

14/05/2019  •  slamelov  •  Distrito 10

No tramo que vai desde Abente y Lago ata Fonte dos Surfistas, eliminar un carril para coches, posto que é innecesario ter dobre carril para o tráfico que ten esa zona, e ademáis desincentivaría o seu uso e tamén o exceso de velocidade, que é frecuente. Actualmente o paseo é unha autoestrada urbana. O carril recuperado para as persoas permitiría ter novos espazos para camiñar, actividades deportivas, mobiliario urbano, plantas, árbores, etc.

Adormideras.jpg

Estación BiciCoruña en Polígono de Durmideiras

26/04/2019  •  emilio64  •  Distrito 10

Sería conveniente crear unha estación de BiciCoruña en Durmideiras xa que, debido á súa situación xunto á praia de San Amaro e ao número de habitantes da zoa, seguramente sería un servizo moi empregado.  Por outra banda, é un proxecto de varias administracións locais que, ata a data, ningunha delas a levou a cabo.

Locales San Roque

Creación de un espacio para los vecinos en Pza de España

25/04/2019  •  vecina  •  Distrito 10

Habilitar los locales y bajos municipales de San Roque, ubicados al lado de la Plaza de España, como local para uso de los vecinos, dejando una parte del espacio para usar con el sistema de préstamo de los TEU, para la organización de eventos particulares, cumpleaños, celebraciones familiares, etc.

Mercado de San Agustin

RENOVACION DEL MERCADO DE SAN AGUSTIN

08/05/2019  •  milo02042012  •  Distrito 10

Cuando se viaja por el mundo y comparas tu ciudad con otras, te das cuenta que estamos a años luz de las grandes ciudades de Europa,

Mejorando  la ciudad, puedes venderla turisticamente como ciudad del siglo xxi. 

Personalmente me llamo muchisimo la atencion en Bilbao cuando me llevaron a cenar al mercado ...en la planta superior estan todas la zonas propias de un mercado ( fruta, pescado y carne) . En la planta baja se crearon puestos de hosteleria no mas de 20 m cuadrados en donde cada puesto daba de comer algo diferente, en uno hacian rabas, en otro hacian tortilla de cebolla, en otro hacian bacalao al pilpil y un largo etc.En cada puesto cogias un numero y cuando salia ese numero cogias tu plato y te sentabas en las mesas que ocupaban toda la zona centro del mercado

Posible reurbanización

REURBANIZACIÓN DO CANTÓN PEQUENO E O CANTÓN GRANDE

25/04/2019  •  A. Martínez  •  Distrito 10

Trala apertura do Tunel de María Pita, a sección destas rúas está sobredimensionada. Os espazo para carrís de circulación é excesivo e as beirarrúas  resultan estreitas en moitas ocasións. Proponse a reducción dos carrís de circulación e o aumento do espazo para o peón, ampliando os espazos de estancia con mobiliario urbán e vexetación. A intervención respectaría as beirarrúas actuais de granito e simplemente ampliaría a súa sección, reordenando o tráfico.

Nova posición do semáforo

Desplazar semáforo para permitir xiro a esquerda en entrexardíns

17/05/2019  •  Pablo Castro  •  Distrito 10

É habitual ver a persoas (habitualmente de fora da cidade) que tratan de chegar ao Castelo de San Antón pero que se pasan a saída do tunel na Praza de Ourense e a única alternativa que teñen e ir dar a volta a catro camiños (algo imposible de explicarlle se non coñece a cidade) ou cruzar cara a praia do Orzan e dar toda a volta a cidade para poder chegar.

Unha medida sinxela para correxir este problema é facilitar o xiro en Entrexardíns cara a esquerda simplemente movendo o semáforo que se atopa na beirarúa do porto uns metros máis atrás, o que permitiría parar o tráfico antes cando se pon en vermello e con outro semáforo no carril esquerdo de Entrexardíns, permitir virar cara a esquerda nese momento.

Accidente Paseo Marítimo (Foto A Opinión)

Medidas reductoras de velocidade en todo o Paseo Marítimo.

14/05/2019  •  slamelov  •  Distrito 10

O paseo marítimo é unha autoestrada urbana. Varrios carrís e coches que superan o límite fixado de 50 km/h, en ocasións chégase a superar esa velocidade en máis do dobre. Non hai nin unha soa medida correctora de velocidad en todo o paseo. Poderían meter bandas rugosas, pasos peonís en badén, sinalización máis explícita ou incluso radares para sancionar a quen pon en perigo ao resto de persoas co seu egoísmo. Está demostrado que a máis velocidade máis risco de atropelo mortal, por non mencionar a contaminación acústica e ambiental.