Na Coruña Contas

Volver

Desplazar semáforo para permitir xiro a esquerda en entrexardíns

Pablo Castro Pablo Castro  •  17/05/2019  •  Distrito 10  • 

Nova posición do semáforo
Nova posición do semáforo

Código proposta de investimento: 2102

É habitual ver a persoas (habitualmente de fora da cidade) que tratan de chegar ao Castelo de San Antón pero que se pasan a saída do tunel na Praza de Ourense e a única alternativa que teñen e ir dar a volta a catro camiños (algo imposible de explicarlle se non coñece a cidade) ou cruzar cara a praia do Orzan e dar toda a volta a cidade para poder chegar.

Unha medida sinxela para correxir este problema é facilitar o xiro en Entrexardíns cara a esquerda simplemente movendo o semáforo que se atopa na beirarúa do porto uns metros máis atrás, o que permitiría parar o tráfico antes cando se pon en vermello e con outro semáforo no carril esquerdo de Entrexardíns, permitir virar cara a esquerda nese momento.

Localización: No cruce de Entrexardíns coa Avenida do Porto

Informe de inviabilidade

A túa proposta é inviable porque a regulación do tráfico non implica investimento. A colocación dun novo semáforo sí sería unha proposta viable pero o simple cambio de ubicación non é tampouco investimento.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos