Na Coruña Contas

Volver

CREACION DUNHA PEQUENA PRAZA NA CONFLUENCIA DA RÚA MARCONI COA RÚA MONDOÑEDO

A. Martínez A. Martínez  •  25/04/2019  •  Distrito 10  • 

Planta coa praza delimitada por mobiliario
Planta coa praza delimitada por mobiliario

Código proposta de investimento: 1706

Actualmente este pequeno espazo no barrio de Monte Alto é un recuncho frío e inhóspito, cheo de vehículos, sen beirarrúas  nin espazo para o peón.

Proponse a creación dunha zona peonil claramente diferenciada dos pavimentos adxacentes na actualidade de formigón.

Para iso, deséñase unha praza de aproximadamente 300m2 cun pavimento sobre elevado 15cm da cota actual, mediante un pavimento de laxas de granito.

Instalaranse bancos e xardineiras segundo a distribución da praza final (3 bancos e 2 xardineiras como elementos diferenciadores de espazos).

A valoración a actuación completa é de 104.600€ IVE incluído (valoración estimada dos orzamentos participativos 2017)

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos