Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Distrito 6

Propostas de investimento non viables: Distrito 6

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.

Unir barrios Castrillon e Castros a través de Paso elevado

20/05/2019  •  cocasina  •  Distrito 6

Unir os barrios do Castrillón e Os Castros cun paso elevado atravesando á Avenida da pasaxe nas inmediacións do oleoducto soterrado, continuando do mesmo xeito que se procedeu co carril bici e o paseo que ven dende o parque de San Diego e que continuaría polo barrio do Castrillón polo bulevar Javier López López ata o Barrio das Flores

Comuna Gatuna en Lázaro Cárdenas

20/05/2019  •  jcampos  •  Distrito 6

Nesta rúa hai gran cantidade de gatos abandonados que, ao non estar baixo ningún tipo de control, se reproducen sendo cada vez máis. Pola zona hai un parque e varios terreos aptos, polo que propoño que se constrúa unha comuna gatuna para afastalos da rúa e que non corran perigo, esterilizándoos e manténdoos así en boas condicións.

Cambiar los caminos en el parque de Oza

11/05/2019  •  estiqui  •  Distrito 6

Sustituir los caminos de tierra por cemento en el parque de Oza ya que la arena que hay resbala en algunas ocasiones y por el efecto de la lluvia hay muchos surcos en algunas zonas

Placa_Nome_Lugar_Eirís.jpg.jpg

Cando non hai placa que poña onde estás. Toponimia e Patrimonio

21/05/2019  •  monicaeiris  •  Distrito 6

Para a maioría da xente da cidade é habitual levantar a vista nun cruce e poder ler unha placa na que pon o nome da rúa ou praza na que se atopan. Pero non para todas. 

No barrio de Eirís, e máis concretamente nas zonas nas que non hai edificios, nin beirarúas, o raro é ver unha placa co nome do lugar no que se está.  Salvemos a toponimia e a micro-toponimia como parte do noso Patrimonio. 

En 20 anos pedíndoo, chegaron a levar os nomes a outros barrios (cousas como ter que ver "Casanova de Eirís" no Castrillón).

Queremos que se coloquen placas cos nomes que xa teñen os lugares. 

O mesmo que a maior parte da cidade onde non hai placas: O Foxo, Eirís de Arriba, Eirís de Abaixo, Curramontes, O Castaño, Pedralonga, Pedro Fernández, Palavea, Monte do Mero, Elviña, A Silva, A Moura, Marzán, Cances, A Fontaíña, Loureiro de Visla, San Cristovo, Penamoa, Martinete, As Revoltas...

Fachada dianteira da Escola Infantil Os Cativos

Aparcadoiro e reforma da fonte A Fontaíña enfronte a Escola infantil Os Cativos

16/05/2019  •  Manuel_AV_Osnososlares  •  Distrito 6

No entorno da Escola Infantil Os Cativos sería preciso máis prazas de aparcamento e sanear a través dunha reforma en condicións a fonte A Fontaíña.

Cartel_Ludoteca.jpg

Servicio ludoteca para favorecer a conciliación familiar no centro CC Castrillon

20/05/2019  •  cocasina  •  Distrito 6

Propoño no Centro Cívico do Castrillon un servizo de ludoteca similar ós ofrecidos noutros centros do municipio coma Mesoiro ou Palavea. O distrito 6 ten suficiente poboación infantil para xustificar a demanda deste servicio, no que se poderan ofrecer diversas actividades lúdicas e didácticas dirixidas por uns monitores especializados, habilitándose tamén un espazo con xogos de mesa e manualidades para os nenos no barrio. Na época estival poderáse utilizar para realizar as actividades dos Campamentos Urbanos Municiapais.

As propostas de actividades poderían ser: concertos, cursos de robótica ou outras tecnoloxías, obradoiros (Nadal, Samaín, Entrodo, etc.), xogos de pistas ou xincanas, e demáis actividades guiadas

Farolas vintage

Reposición e renovación do alumeado en todo o barrio de Eirís

21/05/2019  •  monicaeiris  •  Distrito 6

A maior parte do alumeado que temos no barrio de Eirís ten xa tantos anos que xa é "vintage".  

Despóis de case 30 anos en moitos casos, xa é hora de poñer outro tipo de farolas, do mesmo xeito que se fixo no resto da cidade. 

Tanto a estrada de Eirís como a propia Canteira de Eirís necesitan renovalas.

Xeran contaminación luminosa e non alumean apenas. 

E na Lamadosa, no entorno do campo de fútbol é necesario repoñer as farolas que se retiraron hai anos para amañar a pista e nunca máis se viron. Non hai beirarúas, co que con máis motivo a xente quere saber onde pisa cando pasa camiño da casa, e quere poder pasar sen medo a caer!!

 

PATIO EXTERIOR DOWN CORUÑA

ILUMINACIÓN PATIO EXTERIOR CENTRO DE ATENCIÓN DIRECTA DOWN CORUÑA

20/05/2019  •  Down Coruña  •  Distrito 6

Una vez finalizada la obra de reforma y acondicionamiento del nuevo centro de atención directa Down Coruña, se ha visto la necesidad adicional de dotar de iluminación al patio exterior. Para ello se emplearían luminarias uplight, downlight empotrados y báculos/balizas de superficie de diferentes alturas que cumplan las necesidades de iluminación de este espacio exterior. La instalación contaría con varios circuitos distribuidos de manera que puedan generarse diferentes condiciones de iluminación. 

Todo ello permitiría aprovechar dicho espacio con toda la amplitud horaria siempre que las condiciones meteorológicas así lo permitan.

Bolardos adornados cunha intervención artística de rúa

Renovación de bolardos no entorno Grupo Santa Cristina - Palavea

20/05/2019  •  Manuel_AV_Osnososlares  •  Distrito 6

Nas beirarrúas do Grupo Santa Cristina - Padre Busto en Palavea hai varios bolardos en mal estado (rotos ou arrancados) e sería necesario sustituir os que se atopen en malas condicións por outros novos.

Mejora_de_accesibilidad.png

Mejora de accesibilidad CHUAC

19/05/2019  •  U  •  Distrito 6

Mejorar la accesibilidad peatonal al hospital, eliminando la señal de Stop repetida. Si es posible también estaría bien rebajar el bordillo de la acera.