A Porta Aberta

Volver
Orzamentos participativos 2019

Reposición e renovación do alumeado en todo o barrio de Eirís

monicaeiris monicaeiris  •  21/05/2019  •  Distrito 6  •    Sen comentarios

Farolas vintage
Farolas vintage

Código proposta de gasto: 2275

A maior parte do alumeado que temos no barrio de Eirís ten xa tantos anos que xa é "vintage".  

Despóis de case 30 anos en moitos casos, xa é hora de poñer outro tipo de farolas, do mesmo xeito que se fixo no resto da cidade. 

Tanto a estrada de Eirís como a propia Canteira de Eirís necesitan renovalas.

Xeran contaminación luminosa e non alumean apenas. 

E na Lamadosa, no entorno do campo de fútbol é necesario repoñer as farolas que se retiraron hai anos para amañar a pista e nunca máis se viron. Non hai beirarúas, co que con máis motivo a xente quere saber onde pisa cando pasa camiño da casa, e quere poder pasar sen medo a caer!!

 

Localización: O núcleo da Canteira de Eirís e a maior parte do barrio

Organización: Asociación Veciñal de Eirís

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.