Na Coruña Contas

Volver

Comuna Gatuna en Lázaro Cárdenas

jcampos jcampos  •  20/05/2019  •  Distrito 6  • 

Código proposta de investimento: 2215

Nesta rúa hai gran cantidade de gatos abandonados que, ao non estar baixo ningún tipo de control, se reproducen sendo cada vez máis. Pola zona hai un parque e varios terreos aptos, polo que propoño que se constrúa unha comuna gatuna para afastalos da rúa e que non corran perigo, esterilizándoos e manténdoos así en boas condicións.

Localización: Parque de Monte Mero

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos