Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Toda a cidade

Estación de bicicletas públicas con cuberta na Universidade dekenitra (Marrocos)

Cuberta para as estacións de Bicicoruña

21/05/2019  •  monchovazquez  •  Toda a cidade

Se ben xa foron achegadas outras propostas de aparcadoiros cubertos para bicicletas particulares, enténdese que infraestruturas similares serían positivas para o sistema Bicicoruña. Isto reduciría as avarías derivadas da exposición das bicicletas públicas á intemperie (choiva, luz solar, etc), mellorando a dispoñibilidade do servizo para as persoas usuarias e reducindo significativamente custes de mantemento.

877.250 €
Exemplo de paso ciclista en Calle Chile (Vitoria-Gasteiz)

Mellora da sinalización dos pasos ciclistas

21/05/2019  •  monchovazquez  •  Toda a cidade

En ocasións, os pasos ciclistas (cruces entre carril-bici e carril xenérico) presentan unha sinalización que non se diferencia suficientemente na calzada, o que provoca que as condutoras doutros tipo de vehículos non respecten a preferencia da bicicleta neste tipo de intersección. Proponse que, onde haxa pasos ciclistas, estes sexan sinalizados mediante cor identificativa ou cuadrícula amarela, para que o resto de usuarias da vía concedan a preferencia á bicicleta. Á parte, algúns pasos ciclistas son adxacentes ao paso de peóns, situación na que ás veces os vehículos motorizados ao conceder preferencia ao peón, quedan invadindo o paso ciclista, impedindo o tránsito das bicicletas.

Algúns exemplos: carril-bici de Pablo Picasso con Xeral Rubín, Avda de Salvador de Madariaga coa rúa Federico García Lorca e similares, Avenida de Linares Rivas con rúa Menéndez y Pelayo.

250.000 €
Screenshot_2019-05-20_Google_Maps.png

Mediana con árbores na Rolda de Outeiro

20/05/2019  •  smlebo  •  Toda a cidade

A Rolda de Outeiro non é só unha das rúas máis longas e transitadas da cidade, senón tamén unha das máis grises, alomenos no seu tramo á altura da Sagrada Familia e da Agra do Orzán. Por iso, onde o espazo o permita, propoño que se pranten árbores coma nos tramos máis achegados a Alfonso Molina, e como tamén recolle para a Av. Arteixo a proposta número 2099 de XaviCY.

Substituindo pequenos arbustos e outras plantas pequenas nas medianas e beirarrúas por árbores gáñase vistosidade e tamén calidade da vexetación e, tamén, de vida.

315.000 €