Na Coruña Contas

Volver

Creación de carteis turísticos na cidade

brunorcd brunorcd  •  19/05/2019  •  Toda a cidade  • 

Letras "I am Amsterdam", punto muy turístico de la ciudad holandesa
Letras "I am Amsterdam", punto muy turístico de la ciudad holandesa

Código proposta de investimento: 2131

Actualmente na cidade non existe algo coma isto. A proposta consiste na instalación dun letreiro, pode ser parecido ao da imaxe, que esté situado en algún punto do centro da Coruña, como pode ser a explanada do Parrote, onde hai moito espazo baleiro e é un punto no que se concentran moitos turistas, xa que está preto do porto de trasatlánticos e da Praza de María Pita. 

Tamén se propón a posibilidade de instalar un letreiro de "BENVIDOS A CORUÑA / BIENVENIDOS A CORUÑA" nos accesos á cidade (Avenida de Lavedra, Terceira Rolda ou As Xubias".

Localización: A ubicación pode ser outra

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 80 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos