Na Coruña Contas

Volver

Instalación de caixas niño pra morcegos

smlebo smlebo  •  25/04/2019  •  Toda a cidade  • 

 Morcego de ferradura pequeno (Rhinolophus hipposideros)
Morcego de ferradura pequeno (Rhinolophus hipposideros)

Código proposta de investimento: 1740

Os morcegos son mamíferos moi importantes para o ambiente e controlan a poboación de insectos, tamén as velutinas, mais que se atopan nalgúns casos en perigo e perderon presencia na nosa cidade e en todo o país.

Por iso propoño a instalación - de non chegar o orzamento, o estudo - de caixas refuxio para morcegos en espacios municipáis, comezando pola Casa Consistorial. Poden deseñarse caixas específicas para estes mamíferos, coma as desenvolvidas en Florencia pola Universidade e o Museo de Historia Natural (http://www.batboxnews.it/guida-ai-pipistrelli-e-alle-bat-box), en colaboración coa Asociación Drosera (http://www.morcegosdegalicia.org/red_cajas_refugio.php?idioma=gl).

Podería tamén desenvolverse un programa para que os particulares as instalasen nas súas propiedades, coa súa venda en estabelecementos locais coma ferreterías ou supermercados.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 80 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • renton

    Totalmente dacordo. Sempre foron un emblema na cidade sobre todo pola zoa de Riazor e dende hai xa varios anos, cada vez véxoos menos. O peor de todo é que a maioría da xente estigmatízaos e non teñen nin idea do importantes que son para o noso ecosistema.
    Engadiría a creación dun programa para o fomento do Halcón Abejero na coruña e sobre todo nas zoas rurais (aínda que xa non sexa competencia do Concello) para axudarnos na loita contra a especie invasora Velutina, un cancro para o noso ecosistema.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos