Na Coruña Contas

Volver

Finalizar o carril bici no paseo marítimo

Orzán Orzán  •  25/04/2019  •  Distrito 10  • 

bitmap.jpg
bitmap.jpg

Código proposta de investimento: 1681

Facer carril bici ou mellorar o seu asfaltado entre a Fonte dos surfeiros e a Casa do Home. Así quedaría completado o carril bici por todo o paseo marítimo.

Informe de custo

A túa proposta foi declarada VIABLE segundo o seguinte informe técnico: "Proponse a execución dun carril bici desde a rotonda dos surfeiros, situada no paseo Marítimo Francisco Vázquez, ata a DOMUS. O trazado escollido é a traza do antigo tranvía da Coruña, actualmente sen uso, lado mar. Dada a localización eliminarase un carril de circulación en sentido Riazor (carril compartido coa traza do tranvía). A sección de firme para o novo carril bici será dunha vía de dobre sentido e 3 metros de ancho fóra do paseo marítimo, e separada por balizas e bolardos da calzada de vehículos. Dado que non se vai afectar á infraestrutura da vía do tranvía, proponse a instalación dunha xeomalla no carril lado mar, como protección da vía, e a execución dun pavimento MBC AC 16 SURF cun espesor de 5cm. Así mesmo, realizarase un fresado superficial no resto da vía coa fin de eliminar os defectos que presenta en forma de erosións e fochancas, e reposición da capa de rodaxe de 6 cm de espesor. A sección de firme proposto para o carril bici estará composta por unha vía de 3 metros de ancho e delimitada por bolardos e separadores de carril en toda a súa lonxitude. Devandito carril bici será unha vía de dobre sentido. Crearase unha nova rede de pluviais mediante sumidoiros en todo o carril bici. Realizarase un novo trazado en cruces e glorietas exentas á circulación de vehículos a motor. Realizarase unha nova sinalización horizontal e balizamento mediante bolardos reflectores flexibles que diferencien a vía da calzada vehicular, así mesmo instalarase nova sinalización vertical para pasos peonís e carril bici, incluíndo un reforzo e nova dotación para a actualización de instalacións semafóricas segundo a nova implantación." Agradecemos a túa participación neste programa e agardamos que volvas participar de novo na vindeira edición dos Orzamentos Participativos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • polchijimenez

    Para ser exactos, el tramo sería desde la fuente de los surfistas (hotel Meliá María Pita) hasta la entrada de la Casa de los Peces.
    Es totalmente inexplicable que se sigan haciendo tramos del carril bici por el centro de la ciudad y que este tramo, que uniría por completo el paseo marítimo, siga sin llevarse a cabo. Circular en bicicleta por este tramo sin acondicionar es algo insufrible.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos