Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Distrito 10

Propostas de investimento non viables: Distrito 10

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.

Baños na planta principal do Mercado de San Agustín

09/05/2018  •  abarran  •  Distrito 10

O Mercado de San Agustín ten nestes momentos dous baños para dar servicio ao mercado, tanto a clientes como as praceiras  

Esta situación resulta insostible nos días de eventos ou os días nos que recibimos a grupos, xa que resulta case imposible acceder aos mesmos polas colas que alí se forman. 

Na planta baixa é necesario ter na actualidade un baño público de fácil acceso, para poder dar servicio segundo a capacidade do propio mercado e das actividades que alí se levan a cabo.

Distribiuriase nun baño para homes e outro para mulleres pero en ámbolos dous casos estarían adaptados con cambiador de cueiros para as crianzas.

Trátase de dar un servizo necesario na actualidade aos clientes, visitantes e as praceiras, podendose ubicar nun dos postos baleiros do propio mercado. 

Sen_título2.jpg

Accesibilidade para a zona rúa Santa Cecilia - San antonio

10/05/2018  •  AVV Atochas - Monte Alto  •  Distrito 10

Trasladarse dende a zona da rúa Santa Cecilia, San Antonio, Faro, etc, á Ronda de Montealto, ou ao entorno da Torre é unha misión imposible para persoas con mobilidade reducida, con bici ou con bebés, pola existencia de escaleiras ou costas impracticables.

Dada esta situación, a nosa proposta é actuar nas escaleiras da rúa San Antonio, por ser o punto máis fácil de resolver, e que ademais podería (pola súa centralidade) dar servizo ás rúas contiguas.

Trátase de instalar unha plataforma elevadora nun dos lados da escaleira, como solución máis sinxela para esta zona tan complicada.

poñer parada de bicis en durmideiras

09/05/2018  •  lsfernandez  •  Distrito 10

Poñer parada de bicicletas. xa se nos dixo en varias ocasions que se ian poñer , pero seguimos sin elas

Exemplo de placa explicativa.

COLOCACIÓN DE PLACAS EXPLICATIVAS NOS MONUMENTOS DE MENDEZ NUÑEZ

03/05/2018  •  A. Martínez  •  Distrito 10

Colocación dunha serie de placas informativas nos diferentes monumentos dos Xardíns de Méndez Nuñez, antivandálicas, pra achegar aos usuarios un anaco da historia detrás de cada un.

É unha inversión relativamente modesta que realza o patrimonio deste xardín.

zona de aparcamiento

07/05/2018  •  marisa52  •  Distrito 10

Resido nunha zona, onde as ruas son estreitas e a maioría dos edificios non teñen prazas de garaxe. Xa quitaron prazas ao arranxar a rua Orillamar, agora estan arranxando a rua da Torre onde tampouco se poderá aparcar. Entendo que as cidades quedan moi bonitas con zonas para peóns, pero tamén que dependerá da estructura da cidade,e a zona 10 da Coruña é unha lingua estreita, onde practicamente temos unha rua de subida  (Orillamar) e outra de baixada,(A Torre), xa non quero pensar se temos unha urxencia como vai facer a ambulancia para ir por estas rúas se se atopa cun bus que non ten para onde orillar, e gustaríame que me dixeran que queren que fagamos cos coches a xente que vivimos na zona, pois a este ritmo o deixamos o salario nun aparcadoiro de pago, ou vamos ter que levar os coches para casa

Captura_de_pantalla_2.JPG

REFORMA RÚA SANTA CATALINA

13/05/2018  •  olgasotillo  •  Distrito 10

Trátase dunha rúa na que a mellora do seu pavimento é moi necesaria tanto peonil como, cunha maior urxencia, da calzada.

Proponse ampliar esta actuación, levando a cabo tarefas de humanización da rúa: renovación de luminarias,  rede separativa de aguas residuais, instalación de arborado e mobiliario urbano, etc.

Podería ser moi interesante seguir o exemplo do levado a cabo na rúa Orillamar.

Arranxo Plaza esquina Coronel Cerviño Núñez con Xeneral Caridad Pita

23/04/2018  •  mtcgiadans  •  Distrito 10

Esta "plaza" é unha zona de paso entre a Rúa Coronel Cerviño Nuñez e a Rúa Touro que se atopa en moi mal estado cunha rampa de acceso para persoas con movilidade reducida para o edificio numero dous da Rúa Coronel Cerviño que nunca se empregou como tal e agora esta en perigo de derrumbe. Creo que poderia eliminarse dita rampa, os veciños dos edificios cercanos  ( 1e 2) xa firmamos unha renuncia esperando o seu derrumbe. Ese espacio poderia aproveitarse como zona verde a distintas alturas e unha zona infantil. Ademais de ser unha importante zona de paso para os veciños das Rúas Touro, Valencia....etc.Hoxe en día está en moi mal estado e sufre actos vandálicos a cotio.

capelaatochas.jpg

Placa informativa sobre a antiga capela de Atocha

30/04/2018  •  Eloy Vázquez  •  Distrito 10

Xa hai uns anos que se descubriron e adecentaron os antigos restos da capela de Atocha, ao final da rúa San Xoán, na medianeira do edificio onde está O Lambón.

Esta capela xa existía no século XVI e foi derrubada en 1927. No 2013, ao derrubarse un pequeno edificio decimonónico, apareceu un dos muros laterais da igrexa, que se acedentaron ao tempo que se urbanizou o pequeno calexón ao que dan.

Mais sendo un dos poucos restos que fican do antigo barrio das Atochas, boto de menos algún tipo de panel ou placa (probablemente unha placa na propia parede sería máis resistente) que informe de que son estes restos, como parte da memoria do barrio.

Xa de paso, unha man de pintura para eliminar os lamentables grafitis que hoxe lucen os restos tampouco estaría mal.

 

marola01.jpg

Sustitución del pavimento Calle Marola sin peatonalizar

30/04/2018  •  Susana97  •  Distrito 10

En el anterior ejercicio 2017 se llevó a cabo la peatonalización de parte de la calle Marola (hasta el cruce con la calle Suevia, aproximadamente hasta el número 20), dejando al resto de la calle (hasta el número 50) con su actual situación, la cual es precaria: generosos socavones, baches reparcheados, estrechas aceras intransitables...

Por lo tanto, solicito su mejora, con cambio del pavimento, como mínimo, puesto que el tema de las aceras entiendo más complejo por la estrechez de la calle y su difícil solución sin eliminar plazas de aparcamiento, que ya de por si, escasean. 

 

Melloras no parque de xogos de Méndez Núñez., sustituindo os ratos e o caracol.

07/05/2018  •  @Argos_DeCore@mastodon.gal  •  Distrito 10

Na zona de xogos dos xardíns de Méndez Núñez destinado ós máis pequenos hai xogos bastante absurdos. Os ratos unidos por unha corda son moi pouco xogables e o caracol de madeira somentes se move dous centímetros.

Para mellorar a utilidade e xogabilidade desa instalación propoño sustituir os ratos e o caracol por outros xogos.