Na Coruña Contas

Volver

zona de aparcamiento

marisa52 marisa52  •  07/05/2018  •  Distrito 10  • 

Código proposta de investimento: 1123

Resido nunha zona, onde as ruas son estreitas e a maioría dos edificios non teñen prazas de garaxe. Xa quitaron prazas ao arranxar a rua Orillamar, agora estan arranxando a rua da Torre onde tampouco se poderá aparcar. Entendo que as cidades quedan moi bonitas con zonas para peóns, pero tamén que dependerá da estructura da cidade,e a zona 10 da Coruña é unha lingua estreita, onde practicamente temos unha rua de subida  (Orillamar) e outra de baixada,(A Torre), xa non quero pensar se temos unha urxencia como vai facer a ambulancia para ir por estas rúas se se atopa cun bus que non ten para onde orillar, e gustaríame que me dixeran que queren que fagamos cos coches a xente que vivimos na zona, pois a este ritmo o deixamos o salario nun aparcadoiro de pago, ou vamos ter que levar os coches para casa

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos