Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Distrito 6

Propostas de investimento non viables: Distrito 6

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.

Zona Murais Avenida do exercito

18/04/2018  •  psexto  •  Distrito 6

  A instalación/adecuación de espazos para facelos para facer Murais  e humanizar a Avenida do Exercito

Instalación de Farolas Tramo Lamadosa 1-Cúpula de Eiris

23/04/2018  •  hadrian  •  Distrito 6

Único tramo da Avenida de Lamadosa sen Iluminación,moi transitadoe con 200 vivendas entre o número 1 e 5 da rúa

Creación de parque infantil e zona verde

14/05/2018  •  RB  •  Distrito 6

Hai un terreo que actualmente se usa como aparcadoiro e atópase na Rúa Fariña Ferreño (frente ao Restaurante JaviMar). Propoño facer un parque infantil e zona verde. Ademais está moi ben orientado e dalle bastante ao sol co que se usaría seguro.

Vista aerea

Proxecto Fabrica de Armas.

27/04/2018  •  Ildefonso  •  Distrito 6

Poucos espazos hai na cidade tan cargados de identidade como a Fabrica de Armas. O seu deterioro fainos pensar que é preciso estudar o pasado para intervir no presente inventando un futuro que lle aporte a estas instalacións un plan de xestión sostible no tempo que evite a súa desaparición. Perder a oportunidade de rexenerar estas naves para calquera tipo de uso e un obxectivo que non deberiamos desperdiciar pola interacción que este espazo verde pode xerar na sua contorna a escala metropolitana. Propoño iniciar unha fase de catalogación mediante a dixitalización deste resto patrimonial ca finalidade urxente de catalogalo como elemento emblemático de arquitectura industrial militar, para logo democratizar este espazo e propor un eixo conceptual de usos deportivos-culturais, unha nave para cada 1 das 7 artes, skate indoor, termalismo, ximnasio, discoteca, dojo...

Parque_calistenia__street_workout__gimnasio_callejero_02.jpg

Ximnasio no parque de Oza

03/05/2018  •  redstrauss  •  Distrito 6

Creo que sería moi beneficiosa a instalación dun punto de exercitación física tipo calistenia con barras, espaldeiras, bancos de abdomináis, etc. Actualmente o parque conta con varias zonas de xogo para nenos e un parque con aparellos pensados para os maiores. Penso que o parque de Oza quedaría completo coa instalación dun destes puntos, similares aos que xa existen na praia de Oza ou no parque de Bens.

Parque de Oza.

Escaleritas bajada parque de Oza a la altura de Instituto Monelos

14/05/2018  •  ylac  •  Distrito 6

En la parte superior del parque de Oza, entre el instituto de Monelos y el parque de los niños, y entre el primer camino y la cuesta empedrada, hay un tramo bastante empinado de hierba.

Mucha gente acorta por este tramo de hierba para acceder a la cuesta empedrada o para salir del parque, para evitar llegar hasta el final de la cuesta. De hecho hay ya las marcas de las pisadas de toda la gente que sube y baja por ahí. El problema viene cuando ha llovido y se embarra y la gente puede resbalar.

Se podrían poner unas escaleras (3 o 4 peldaños) o una barandilla para que se pueda subir o bajar con más seguridad.

calle Casanova de Eiris n* 25, 27 Y 29 BANCOS en esa acera

11/05/2018  •  estiqui  •  Distrito 6

Necesidad de ellos para personas mayores y no hay ninguno en ese tramo

frato-perdonen-las-molestias-estamos-jugando-para-ustedes.png

Peonalización da rúa Cabanas

09/05/2018  •  carolina_martinezg  •  Distrito 6

Ter rúas peonis pode mellorar que xurdan espazos para encontro coa veciñanza, fomenta a apertura de negocios, e nenas e nenos poden recuperar o xogo na rúa, unha perda tan importante dos nosos días nas cidades.

De todas as rúas da contorna, Vila de Miño, Canteira de Eirís ata Terranova de Eirís, a rúa Cabanas pode reunir as mellores condicións para pensar na viabilidade dunha peonalización.

E se non é peonalización total podería ser parcial: deixando so unha vía de paso para vehículos retirando completamente as prazas para aparcar os carros a ambolos dous lados da rúa, ademáis de subir a rúa ao nivel da beira rúa para que os carros teñan que reducir a velocidade, ao igual que se plantexou nunha parte da rúa Pío XII no lateral ao mercado de Santo Agostiño.

 

 

Anchear Calle Montes a la altura del IES "Monelos"

08/05/2018  •  dverdini  •  Distrito 6

La A. VV. Castrillón-Urbanización Soto "IAR" propone anchear la Calle Montes a la altura del IES Monelos dado que como consecuencia de la incorporación de un nuevo terreno al centro escolar es necesario modificar un tramo de la calle. La actuación incluye el derribo de unas viviendas que ya son de propiedad municipal para poder modificar el vial.

RECOLLIDA DE ACEITE USADO DE USO DOMÉSTICO EN PEDRALONGA

22/04/2018  •  a.vv.pedralonga  •  Distrito 6

Soliciamos que nos puntos do barrio onde xa dispoñemos de contedores orgánicos, inórganicos, papel e vidrio sexan colocados tamén contedores para a reciclaxe do aceite usado doméstico.