Na Coruña Contas

Volver

Proxecto Fabrica de Armas.

Ildefonso Ildefonso  •  27/04/2018  •  Distrito 6  • 

Vista aerea
Vista aerea

Código proposta de investimento: 957

Poucos espazos hai na cidade tan cargados de identidade como a Fabrica de Armas. O seu deterioro fainos pensar que é preciso estudar o pasado para intervir no presente inventando un futuro que lle aporte a estas instalacións un plan de xestión sostible no tempo que evite a súa desaparición. Perder a oportunidade de rexenerar estas naves para calquera tipo de uso e un obxectivo que non deberiamos desperdiciar pola interacción que este espazo verde pode xerar na sua contorna a escala metropolitana. Propoño iniciar unha fase de catalogación mediante a dixitalización deste resto patrimonial ca finalidade urxente de catalogalo como elemento emblemático de arquitectura industrial militar, para logo democratizar este espazo e propor un eixo conceptual de usos deportivos-culturais, unha nave para cada 1 das 7 artes, skate indoor, termalismo, ximnasio, discoteca, dojo...

Localización: En plena entrada da cidade, pode ser un punto de encontro a nivel rexional.

Informe de inviabilidade

Agradecemos a túa proposta pero temos que etiquetala como inviable porque a Fábrica de Armas non é de titularidade municipal.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos