Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Distrito 6

Propostas de investimento non viables: Distrito 6

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.

Humanización do espazo municipal existente detrás do grupo 3 nas vivendas Santa

13/05/2018  •  alfonsopalavea  •  Distrito 6

Detrás do grupos  3, un pouco de 14, lindando coa carretera que penetra nas vivendas do Grupo Santa Cristina hai un espazo no que se solicitou unha pista deportiva, solicitude rexeitada porque seique non todo o terreo era Municipal. Pero a parte municipal  da para poñer unhas mesas de pedra, algunha barbacoa ( tipo área recreativa) e arbolado.

Plantación de árbores na Av. Casanova de Eirís

14/05/2018  •  juancarcia  •  Distrito 6

Na beirarrúa da Avenida Casanova de Eirís, no tramo máis próximo a rúa Antonio Ríos, existen uns alcorques nos que se deberían prantar árbores. Así, conseguiríase mellorar a integración paisaxística desta zona do barrio.

Captura visor PXOM

Paso elevado sobre avenida da Pasaxe altura Oleoducto

10/05/2018  •  Andrés  •  Distrito 6

Construir un paso elevado ou incluso un simple paso de peóns a nivel si se considerase viábel para poder cruzar neste punto.

Este paso ven definido no PXOM como "Corredor territorial" e ademáis é o paso natural para cruzar seguindo a rúa continuación de Javer López López que tamén está planeada no mesmo.

Penso que é interesante habilitar un paso ahí o antes posíbel porque ademáis de facer máis curtos desprazamentos a pé ou bici permitiría acceder máis facilmente ao Centro de Saúde ou á oficina de Correos.

Bancos en parque de Oza al final de la cuesta empedrada hacia arriba

11/05/2018  •  estiqui  •  Distrito 6

En la esquina de los dos últimos caminos, que nacen de la cuesta empedrada del parque de Oza, subiendo a la derecha, no hay ningún banco para sentarse, y son necesarios debido a que la gente sube cansada. De hecho, hay dos rocas grandes que son lo que la gente utiliza para sentarse.

Croquis

AMPLIACION CARRIL BICI DO PARQUE DE EIRIS. CONEXIÓN CON SAN DIEGO E PONTE PASAXE

05/05/2018  •  cocasina  •  Distrito 6

Actualmente existe un pequeno carril bici no parque de Eiris illado do resto do trazado. Aproveitando a execución dos camiños para o acceso ó parque canino e as hortas urbanas, propoño ampliar o carril bici existente paralelamente aos camiños de acceso a estes áreas e continualos ata o carril bici xa aprovado, que discurrirá dende San Diego ata a Ponte Pasaxe. Desta maneira solucinaríase unha das demandas mais votadas en anos anteriores de ter una rede de carrilbici conectada sen tramos illados, e un acceso decente a Praia de Oza para os veciños dos Castros, Eiris e Castrillon. Paralelamente sería preciso unha nova estación de Bicicoruña no Parque de Eiris para dar servizo ós novos usuarios ou un aparcadoiro hablilitado para bicicletas, a ser posible cuberto.

cruce

EXECUTAR CRUZE R/ JAVIER LOPEZ CON R/FARIÑA FERREIRO

14/05/2018  •  cocasina  •  Distrito 6

Continuar o bulevar da rúa Javier López López ata a Avenida da Pasaxe. Dous carris de baixada e un de subida a ambos lados do Oleoducto. Aumento do número de plazas de aparcamento. Urbanizar a plaza da rúa Fariña Ferreiro e instalar un parque infantil vaiado rodeado de bancos e árbores para ter sombra os días soleados.

calle abegondo

26/04/2018  •  vales  •  Distrito 6

mejorar el paso de peatones en la calle abegondo numero 6, ya que existe al lado un carga y descarga, resulta peligroso cruzar por la poca visibilidad cuando hay un camion aparcado

ESTACIÓN DE BICI CORUÑA

22/04/2018  •  a.vv.pedralonga  •  Distrito 6

Solicitamos unha estación de bici Coruña no barrio, xa que somos uns dos poucos barrios que carecemos dela e parécenos fundamental para mellorar a conectividade coa cidade dun xeito sostible.

Camiño_Castaño_a_Curramontes.png

Asfaltado camiño dende a Estrada de Eirís ó CHUAC

14/05/2018  •  monicaeiris  •  Distrito 6

O tráfico que soporta o camiño dende a Estrada de Eirís ata o CHUAC, polo castaño de Eirís e Curramontes, é de miles de vehículos a diario entre a veciñanza, usuarias e usuarios do CHUAC e a xente que vai traballar no complexo. Vehículos que ademáis non sempre respectan a velocidade recomendada.  Excesivo para unha pista chea de fochancas e rebacheados que leva moitos anos sen ser asfaltada. 

Sumémoslle  que non hai acera nin arcén. Que vai case todo entre muros, e que peóns e coches compartes todo o espazo, sumado ós coches que aparcan directamente no camiño, obrigando a quen vai a pé a meterse entre coches mal aparcados para deixar pasar outro, que se complica co risco de escordar un nocello nun furado do camiño. 

Necesita un asfaltado e un amaño do borde do camiño para que sexa unha vía segura.

Creación dunha biblioteca pública en Palavea

13/05/2018  •  alfonsopalavea  •  Distrito 6

Somos un barrio moi afastado.A biblioteca máis cercana é o Castrillón. Nesecesitamos unha dinamización cultural á que a biblioteca pode axudar.