Na Coruña Contas

Volver

Asfaltado camiño dende a Estrada de Eirís ó CHUAC

monicaeiris monicaeiris  •  14/05/2018  •  Distrito 6  • 

Camiño_Castaño_a_Curramontes.png
Camiño_Castaño_a_Curramontes.png

Código proposta de investimento: 1501

O tráfico que soporta o camiño dende a Estrada de Eirís ata o CHUAC, polo castaño de Eirís e Curramontes, é de miles de vehículos a diario entre a veciñanza, usuarias e usuarios do CHUAC e a xente que vai traballar no complexo. Vehículos que ademáis non sempre respectan a velocidade recomendada.  Excesivo para unha pista chea de fochancas e rebacheados que leva moitos anos sen ser asfaltada. 

Sumémoslle  que non hai acera nin arcén. Que vai case todo entre muros, e que peóns e coches compartes todo o espazo, sumado ós coches que aparcan directamente no camiño, obrigando a quen vai a pé a meterse entre coches mal aparcados para deixar pasar outro, que se complica co risco de escordar un nocello nun furado do camiño. 

Necesita un asfaltado e un amaño do borde do camiño para que sexa unha vía segura.

Localización: https://www.google.es/maps/@43.3424526,-8.3942699,796m/data=!3m1!1e3

Proposta en nome de: Asociación Veciñal de Eirís

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • Andrés

    Igual la solución es poner una bonita y barata señal de "Prohibido el paso excepto residentes" y obligar a los coches a dar un impresionante rodeo de 200m (1.1km vs 1.3km) por la avenida Lamadosa hasta el hospital... Conseguimos hacer un camino seguro perfecto para ir caminando y para el acceso a las casas, y hacemos que los coches accedan por un sitio en condiciones necesitando para ello el mismo tiempo! :)

    Sen respostas
  • pablosanti

    TOTALMENTE DE ACUERDO.
    Este acceso al CHUAC me parece una verguenza.
    Sobretodo en el último tramo cerca del hospital, donde apenas cabe una ambulancia, entre coches aparcados en prohibido, y los peatones pasan jugándose la integridad...
    Hay que urbanizar esta calle con aceras, aunque sea al mismo nivel que la calzada, pero separadas por bolardos para que no aparquen los coches. Y poner badenes para que vayan más despacio.
    Un buen ejemplo es la reordenación de calles que han hecho en el núcleo de Perillo.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos