Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Toda a cidade

Propostas de investimento non viables: Toda a cidade

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.

Buses na terceira ronda

04/05/2018  •  cives  •  Toda a cidade

Poderíase aproveitar a terceira Ronda para comunicar mellor algúns barrios cos polígonos.

Unha liña podería conectar Roseiras-Labañou-San Roque con A Grela, tirando pola terceira ronda e con parada no centro comercial (o que aliviaría moito o tráfico de entrada á zona). Faría a viaxe de volta pola Roda de Nelle ou de Outeiro.

Unha segunda liña viría de Montealto polo paseo e subiría pola terceira ronda ata Pocomaco e Novo Mesoiro. Tería polo menos un par de paradas comúns onde face-lo cambio de liña (con trasbordo). Esta podería regresar polo mesmo traxecto, á inversa.

 

Exemplos de placas típicas en Londres e Madrid e os varios modelos na Coruña

Placas conmemorativas «Vivencias da Coruña»

27/04/2018  •  smlebo  •  Toda a cidade

En tódalas cidades do mundo lémbrase a súa historia e persoeiros ilustres coa colocación de placas ou outros marcadores en lugares de relevancia histórica.

Na Coruña hai exemplos de marcadores. Porén, cada un é distinto, non sempre gozan do lugar senlleiro que merecen, nin están organizados.

Isto contrasta con Madrid ou Londres.

Por iso propoño o plan «Vivencias da Coruña». Primeiro farase un deseño característico das placas para honrar as efemérides e persoeiros da cidade (a poder ser en metal, económico e doado de manter). As placas colocaranse trocando as anteriores. Por último, crearase unha web con tódalas placas, un mapa para atopalas, e máis información sobre o seu contido. As placas poden conter un código QR que levase directamente á web, coma na da Casa de Juana de Vega.

Instalar 5 baños públicos autolimpiables en puntos de más tránsito de persona

12/05/2018  •  jabovin  •  Toda a cidade

Las ciudad tienen pocos baños publicos y muchos de ellos son cabinas de plastico. Es importante que la ciudad disponga de baños de buen diseño y autolimpiables, como un muchas ciudades avanzadas europeas.  

Sistema de sanción a ciclistas que circulen polas beirarrúas

20/04/2018  •  Viciño  •  Toda a cidade

Creación dun sistema de cámaras ou unidade policial que vixíe e sancione aos ciclistas e patinadores ─monopatíns, patíns e outros vehículos─ que circulan polas beirarrúas e rúas peonís entre os peóns, normalmente a gran velocidade e con total desconsideración, poñendo a estes en perigo, Igualmente, debería vixiarse a sancionarse aos ciclistas que, circulando pola estrada, non respectan os semáforos, sentidos de circulación, liñas continuas, ou cruzan os pasos de peóns montados na bicicleta. 

Regras

Adopción das regras de ciclismo holandesas para a circulación en bicicleta

26/04/2018  •  Jorge  •  Toda a cidade

Adoptar regras que utilizan en Holanda:

  • Circular sempre pola dereita
  • Circular sempre que sexa posible por carril bici. Algúns destes carrís poden ser opcionais (deben ter a debida sinal).
  • Non se pode circular pola beirarrúa (isto contando con que existe un carril bici)
  • Respetar sempre as sinais. A excepción do xiro á dereita nos cruces coa debida sinalación será aplicable (respetando os peonís que estén a cruzar).
  • Sempre indicar cando vas a xirar e a dirección. Dereita, brazo dereito extendido horizontalmente cara a dereita. Esquerda, brazo esquero extendido horizontalmente cara a esquerda (sempre mirar por riba do ombro antes de face-lo xiro).
  • [...] Ver imaxe, descripción completa

+ campaña de sensibilización

+incrementar os carrís existentes 

Fonte: http://www.holland-cycling.com/tips-and-info/safety/traffic-rules-and-regulations-for-cyclists

Bicicletas eléctricas

04/05/2018  •  reyesyeyes  •  Toda a cidade

Propongo para la actualización del parque de bicicletas la adquisición de algunas eléctricas para ayudar a la movilidad de las personas por la ciudad, sobre todo en zonas de pendiente pronunciada. 

 

las-jubias.jpg

Activación urbana del área Xubias-Pasaxe y puente peatonal con Sta. Cristina

14/05/2018  •  juan_carlos  •  Toda a cidade

Puente peatonal  de madera que facilite el acceso a pie de muchos ciudanos de la ciudad a la playa de Santa Cristina y al vecino municipio de Oleiros, así como de muchos ciudadanos de este municipio vecino a nuestra ciudad, sin tener que utilizar el coche y reduciendo de este modo el tráfico del puente de A Pasaxe.

Como ejemplo para la activación urbana de este área de As Xubias - O Pasaxe deberíamos tener en cuenta el proyecto "Nice to Sea You" galardonado en 2015 con el Premio Urban 13 del estudio de arquitectura coruñes Flu-or para transformar el área en un barrio productivo así como transformar y mejorar la primera imagen que obtienen los visitantes a su entrada en nuestra ciudad.

Tren de Cercanías

18/04/2018  •  currotizon@gmail.com  •  Toda a cidade

Llegando a acuerdos con Renfe Operadora y Fomento o incluso la XUNTA que tiene competencias en transporte regional, creación de un núcleo de Cercanías para el área de A Coruña, aprovechando la línea ferroviaria existente a Betanzos y la red interna del puerto, podría hacerse una línea PALEXCO - SAN DIEGO - CHUAC- FONTECULLER - O BURGO - CAMBRE - BETANZOS. Existen núcleos de Cercanías en España en la actualidad que sirven a MENOS población que esta línea

Campos da Torre

Páxina para reservar os campos da Torre

13/05/2018  •  perseo_fic  •  Toda a cidade

Actualmente, para facer a reserva dalgún dos campos da Torre, o procedemente é totalmente obsoleto: consiste en ir ó último luns do mes anterior, a partir das 8 da mañá (a partir das 7 da mañá xa hai xente a esperar, co que a partir das 8 xa quedan poucas opcións de reserva), ó campo da Torre ou ó estadio de Riazor; alí, éntrase por orde á oficina, e danche as opcións que quedan, co que se non está xa dispoñible a opción pensada, toca pensar noutra no momento, e o proceso faise aínda máis tedioso.

Este proceso debe repetirse CADA MES.

O lóxico en pleno 2018 sería ter una páxina web a través da cal se puidera non só ver qué opcións hai dispoñibles, senón reservalas e incluso pagalas a través dunha pasarela de pago vía tarxeta ou PayPal.

Calquera páxina da última década inclúe estas opcións.

Pavimento

18/04/2018  •  rfsotelo  •  Toda a cidade

Desde hace ya muchos años el pavimento de la ciudad se ha ido deteriorando. Esto afecta a la fluidez y seguridad de la cirulación rodada. Se precisa una actuación rápida solvetar un problema evidente.