Na Coruña Contas

Volver

Ascensores túnel Salgado Torres.

anxo_gz anxo_gz  •  30/04/2018  •  Distrito 7  • 

Código proposta de investimento: 986

Agora que se fan beirarúas e se mellora a accesibilidade peonil do túnel de Salgado Torres, estaría ben por ascensores que conectasen a rúa General San Martín coa parte baixa do túnel e outro na rúa Culleredo, en caso de ser inviables o demasiado caros, ao igual que xa existen escaleiras que conectan a rúa Culleredo co túnel, tamén estaría ben facer unhas escaleiras ou rampla que conectasen Salgado Torres con General San Martín. Estas opcións convertirían o túnel de Salgado Torres nun eixo vertebrador da zona Os Mallos-Estación e 2ª Fase con barrio de Catro Camiños.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos