Na Coruña Contas

Volver

Mellora do carril bici desde Riazor ata Millenium

slamelov slamelov  •  21/04/2018  •  Distrito 9  • 

Código proposta de investimento: 825

Chamar carril bici ao que hai desde o Praia Club ata o Millenium é demasiado xeneroso. A proposta é darlle continuidade ata o Millenium, ocupando a estrada (e non a beirarrúa), e así non ter que esquivar farolas no tramo que vai desde o Mum ata o Millenium e recuperar ese espazo para os peóns. Primeiro, darlle continuidade, pola estrada, desde o remate do carril bici diante do Praia Club ata onte volve haber carril bici diante da Ribeira do Cómaro, despois do Mum. Facer un novo carril bici desde ese punto ata o do Millenium, pero pola estrada, xa que en ese punto hai dous carrís en cada sentido para un tráfico de vehículos que non precisan esa "autoestrada". Eso permitiría recuperar o espazo para peóns que actualmente ocupa o carril bici, que ademáis ten farolas e sinais polo medio, e axudaría a gañar espazo aos coches.  

Localización: Tramo entre Praia Club e Obelisco Millenium

Informe de custo

A túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe técnico: "Ata a data do presente documento xa se están desenvolvendo diferentes actuacións (carril bici Avenida San Cristobal, Tunel Salgado Torres, CB Metropolitano desde A Mariña ata a Ponte da Pasaxe, Rolda de Outeiro desde a rúa Perez Arda ata a rúa Merced) e outras actuacións en fase de estudo e redacción de proxecto ( Palloza- Matogrande…). Así mesmo, xa se están desenvolvendo novos itinerarios ciclistas tipo carril bici no ámbito de Avenida Gran Canaria, ao seu paso pola antiga escola de Náutica con conexión ao paseo marítimo Alcalde francisco Vázquez. Atendendo á proposta realizada polo cidadán, e dado que xa se están desenvolvendo novos itinerarios na zona (proxecto e execución), proponse a mellora do tramo de carril bici que discorre entre as Escravas ata o Monumento Millenium. O trazado existente é unha vía dentro da zona peonil, pero con pavimento diferenciado. A problemática que posúe este trazado, é a existencia de múltiples elementos urbanos que dificultan e obrigan ao usuario para modificar a súa traxectoria en toda a súa lonxitude. A adecuación de elementos urbanos que dificulten o tránsito e circulación de ciclistas consistirá na retirada e traslado de todos os elementos ao límite do pavimento ciclista co peonil. A rede de iluminación retirarase na súa totalidade e se reinstalará na mediana central co fin de eliminar calquera obstáculo nas zonas peonís/ciclistas e homoxenizando a iluminación de toda a vía. Contabilizáronse un total de 16 columnas de iluminación, 3 báculos semafóricos e unha estación Bici Coruña. O traslado e execución dunha nova liña de iluminación na zona central da mediana existente valórase en 4.598,00€ IVE incluído para cada báculo incluída a obra civil de nova canalización municipal. O traslado dos báculos semafóricos existentes é de 3.025,00€ IVE incluído para o traslado de para cada báculo semafórico, incluída a obra civil de conexionado á rede existente. Segundo o arriba exposto órzase a actuación de mellora e adecuación do carril bici desde as Escravas ata o Millenium en 131.043,00€ IVE incluído. A adecuación e mellora do carril bici no tramo do paseo marítimo desde o centro escolar As Escravas ata o Monumento Millenium é declarada viable dado que non incumpre as bases dos orzamentos participativos." Agradecemos a túa participación neste programa e agardamos que volvas participar de novo na vindeira edición dos Orzamentos Participativos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • cgomezr

    Me parecería bien, además los carriles para coches en esa zona del paseo están totalmente sobredimensionados, nunca he visto que hagan falta los dos carriles por sentido. Eso sí, todavía está peor el "falso carril bici" entre los Surfistas y el Aquarium Finisterrae.

      • de_spin

        Totalmente de acuerdo con cgomezr. Además hay muchos puntos en La Coruña dónde habría que modificar el carril bici (vía ciclista,...) pero antes de mejorarlos crearía primero unos nuevos en otras zonas (bien hechos a ser posible porque en todos los tramos creados los últimos años hay bastante deficiencias) : No es normal tener algunos tramos tan estrechos, tener que subir a la acera cuando llega una rotonda (ver tramo delante de la piscina de Elviña hacia Espacio Coruña),...... pero aplaudo que por fin se esté haciendo algo más. Y por favor, repintar el tramo en el parque de Oza.

        Sen respostas
Non hai fitos definidos