Na Coruña Contas

Volver

Renovación do carril bici

alvaroabella alvaroabella  •  09/05/2018  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 1214

O tramo de "carril bici" que hai dende a fonte dos surfistas ata a Casa dos Peixes, é impracticable, xa que está feito de adoquíns irregulares e que en ocasións están soltos. Deberían sustituirse por un chan firme e regular, tal e como está no resto de tramos do paseo marítimo, xa que é moi incómodo circular por ahí. Ademáis moitos ciclistas utilizan a zona peonil do paseo para non circular por alí, o que fai que sexa perigoso para peóns e ciclistas.

Informe de custo

A túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe técnico: "A proposta cidadá solicita a mellora e renovación do firme do actual carril bici que discorre entre o Aquarium Finisterrae e a fonte dos Surfeiros. Dado que na actualidade o carril bici comparte plataforma coa zona peonil, proponse unificar as propostas comúns á creación dun carril bici anexo á zona peonil existente no lugar da zona do tranvía, e devolver o espazo peonil ocupado na actualidade polo carril bici. Esta opción melloraría e optimizaría o uso do carril bici (carril exclusivo bicicletas sen interferencia con peóns). O trazado escollido é a traza do antigo tranvía da Coruña, actualmente sen uso, lado mar. Dada a localización eliminarase un carril de circulación en sentido Riazor (carril compartido coa traza do tranvía). A sección de firme para o novo carril bici será dunha vía de dobre sentido e 3 metros de ancho fose do paseo marítimo, e separada por balizas e bolardos da calzada de vehículos Dado que non se vai a afectar á infraestrutura da vía do tranvía, proponse a instalación dunha xeomalla no carril lado mar, como protección da vía, e a execución dun pavimento MBC AC 16 SURF cun espesor de 5cm. Así mesmo, realizarase un fresado superficial no resto da vía, co fin eliminar os defectos que presenta en forma de erosións e fochancas, e reposición da capa de rodaxe de 6 cm de espesor. A sección de firme proposto para o carril bici, estará composta por unha vía de 3 metros de ancho e delimitada por bolardos e separadores de carril en toda a súa lonxitude. Devandito carril bici será un vía de dobre sentido. Crearase unha nova rede de pluviais mediante sumidoiros en todo o carril bici. Realizarase un novo trazado en cruces e glorietas exentas á circulación de vehículos a motor. Realizarase unha nova sinalización horizontal e balizamento mediante bolardos reflectores flexibles que diferencien a vía da calzada vehicular, así mesmo instalarase nova sinalización vertical para pasos peonís e carril bici, incluíndo un reforzo e nova dotación para a actualización de instalacións semafóricas segundo a nova implantación. A valoración para a creación de 1038 ml de carril bici desde a fonte dos surfeiros situado no paseo Marítimo ata o acuario Finisterrae é de 250.000,00€ IVE incluído. Así mesmo, a renovación e reparación do antigo trazado do paseo marítimo ocupado polo actual carril bici, consistiría na retirada das zonas con lousas soltas, retirada de pictogramas e sinalización exclusiva de carril bici nun total de 848,75 m2 de renovación de firme peonil con material pétreo igual ao existente. En total a valoración desta renovación de firme peonil é de 91.658,65€ IVE incluído." Agradecemos a túa participación neste programa e agardamos que volvas participar de novo na vindeira edición dos Orzamentos Participativos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos