Na Coruña Contas

Volver

CREAR GRAN BOSQUE DA CORUÑA

125 125  •  19/04/2018  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 790

Quero recuperar unha proposta que xa estivo presente nos orzamentos participativos dos anos 2016 e 2017. Propoño que se faga un gran parque (o máximo tamaño posible) no espazo que hai entre a Terceira Rolda e O Ventorrillo ou nos alrededores do Castro de Elviña (estas dúas ubicacións foron propostas anteriormente)

Este parque sería unha gran área verde con especies autóctonas e exóticas (sempre que non sexan perxudiciais), tanto animais (esquíos, pavos reais...) como vexetais (carballos, castiñeiros, cerdeiras, piñeiros...)

Algunhas propostas para o parque:

- Facer varias zonas de xogo infantil orixinais.

-Unha lagoa pequena con especies acuáticas

(Deixade máis propostas nos comentarios)

Informe de custo

A túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "O obxecto da proposta é interesante sempre que a cidade de A Coruña non conta cun gran número de parques públicos. A iniciativa encádrase na liña dunha mellora integral da cidade e especificamente nas novas estratexias de planificación urbana ecolóxica, en especial a infraestrutura verde urbana. Inclúe tamén un enfoque específico para a fauna, tanto terrestre como acuática, o que enriquece a idea e mellorará a biodiversidade urbana. Como condicionante importante identifícase que, si se prevé incluír animais como os pavos reais, débese pechar perimetralmente o espazo, aparte de ter en conta outras consideracións de benestar e sanidade animal. Este tipo de propostas require un estudio preliminar de ubicación espacial e un proxecto de execución. É preciso realizar un estudo da propiedade, xa que existen parcelas que no son de titularidade municipal. En todo caso esa esixencia vai a depender da ubicación definitiva que se propoña. Considerase viable (inda que condicionada ás autorizacións precisas para o seu desenvolvemento, especialmente vinculadas á protección do patrimonio cultural e arqueolóxico do espazo e aos propios requirimentos do Plan Director do Castro de Elviña) a creación dun parque con esas consideracións, pero precisa un estudio pormenorizado das opcións espaciais de ubicación e dos mecanismos de acceso á propiedade en caso de parcelas privadas." Agradecemos a túa participación nos Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas propostas na seguinte edición do programa o ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • FerLosada

    A proposta paréceme interesante, agás polo das especies exóticas. É certo que puntualizas que non deben ser perxudiciais (é dicir, non deben ser especies exóticas INVASORAS), pero sendo un bosque, é lóxico que vivan nel únicamente especies autóctonas (e precisamente en Galicia, con tantas plantacións de eucaliptos, poderíamos ter moitos máis bosques autóctonos dos que temos).

    Referente aos pavóns (pavos reales), creo que é máis apropiado telos nun recinto semipechado, como pasa co Parque Quevedo en León; o único que temos dese xeito son os Xardíns de San Carlos. Sí podería construirse, dentro dese bosque, un recinto semipechado (e vixiado) donde ter eses animais.

    A reforestación de Galicia con especies non pirófitas é un asunto moi urxente, como vimos neste outono.

    Ánimo coa proposta ;)

Non hai fitos definidos