Na Coruña Contas

Volver

Parques musicais

lameduse lameduse  •  14/05/2018  •  Toda a cidade  • 

5e5edc9d5cde40cb961ca5a11d54cae2.jpg
5e5edc9d5cde40cb961ca5a11d54cae2.jpg

Código proposta de investimento: 1637

Imaxino unha cidade con instrumentos nos parques onde a música poda máxicamente ser tocada por calquera persoa en calquer momento.Propoño un parque musical onde atoparnos unha txalaparta, un metalófono, cubos de percusión, unha arpa,etc cos que interactuar e xerar espazos culturais e de encontro diversos no espazo público, aquí un vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=GTb4CpY3pCE&t=6s

Xa existen prototipos de instrumentos para o exterior pero este parque musical tamén poderíase construir mediante obradoiros participados onde as persoas da cidade podamos o mesmo tempo que participar na súa construcción aprender a fabricar os instrumentos o lado de profesionáis da música e da elaboración de estos instrumentos.

Localización: Algúns lugares onde podería estar o parque musical: na Torre de Hercules, nos Xardíns do Rectorado, no parque de Santa Margarita

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 80 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos